Skip to main content

Noticias

  • O Plan de dinamización das comarcas vitivinícolas de Galicia pretende que sexa o propio sector do viño o que decida o seu futuro. O Goberno galego vai coordinar esta estratexia e porá os medios económicos necesarios para aplicala, traballando xuntos os consellos reguladores das denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, as rutas dos viños, os grupos de desenvolvemento rural, asociacións de produtores, xeodestinos turísticos, etc. Tamén se procurará atender a cada necesidade e particularidade de cada zona produtora e de cada eido produtivo, así como das súas características comerciais, industriais e territoriais.
  • O sector do turismo en Galicia encara o verán como un dos destinos mellor situados de España e como a comunidade autónoma que obtivo un mellor crecemento na tempada media-baixa. Estes bos datos súmanse a que o 88% dos empresarios turísticos esperan aumentar ou manter as súas vendas este verán e que o índice de confianza empresarial se sitúe no 32%, triplicando a media española. Cabe destacar a importancia do turismo rural, que no que vai de ano medrou un 10% con respecto ás cifras de 2018 sendo a modalidade turística que experimentou un maior crecemento. A figura dos xeodestinos é clave na promoción dun modelo turístico baseado na especialización e a mellora da competitividade da oferta, na diversificación de fluxos turísticos ou na desestacionalización da demanda.
  • Os froitos da convocatoria aberta de proxectos O Teu Xacobeo permitirán impulsar 352 iniciativas de dinamización en máis dun cento de concellos de toda Galicia. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, anunciaron a resolución deste proxecto para o que a Xunta aportará un total de 4,7 millóns de euros, e suporá a mobilización en toda Galicia de preto de nove millóns de euros ao longo deste ano e ata abril do 2020. As iniciativas seleccionadas abranguen un total de cinco áreas: desde o ámbito artístico, pasando polo do patrimonio-historia-pensamento-espiritualidade e a gastronomía, ata o ámbito deportivo e o social.
  • Galicia pechou maio como a comunidade española na que máis está a medrar o turismo nos primeiros meses do ano, coincidindo coa tempada media-baixa e con cifras nunca antes alcanzadas neste período de tempo. Así o reflicten os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) que contabilizan en preto de 1,5 millóns os visitantes que recibiu Galicia nos cinco primeiros meses do ano, a cifra máis elevada da serie histórica neste período do ano. Os datos constatan que o turismo galego continúa avanzando na boa dirección grazas ao esforzo de todo o sector e ao traballo da Xunta para facer da Comunidade un destino competitivo e desestacionalizado.
  • O reparto da propiedade destes inmobles aporta un dato novidoso e que constata que se trata dunha opción maioritariamente de pequenos propietarios. De feito, o 82% dos galegos que comercializan unha vivenda de uso turístico contan cun único inmoble en alugueiro. Esta cifra aumenta ata o 93% no caso de arrendatarios cunha ou dúas vivendas. Así, só un 7% dos propietarios dispoñen de máis de dúas no mercado. A análise efectuada amosa a gran dispersión na distribución das vivendas de uso turístico polo territorio, así como a dispersión na distribución da súa propiedade. Hai máis de 6.300 propietarios distintos que libremente deciden poñer a súa primeira ou segunda vivenda no mercado do alugueiro turístico.
  • A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, compareceu a petición propia para informar sobre os avances deste documento normativo no que se está a traballar, e anunciou a inminente convocatoria ao sector para avanzar na nova clasificación por estrelas que equipararán o turismo rural ao resto de aloxamentos turísticos
  • A Comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, inaugurou no Instituto Cervantes de Nova York a exposición itinerante do fotógrafo Manuel Valcárcel The Way to Santiago, a contemporary experience of pilgrimage coa que a Xunta e Correos están a promover de xeito itinerante en varias cidades estadounidenses tanto o Xacobeo 2021 como os valores e riqueza da experiencia da peregrinación na Ruta Xacobea.
  • Celbraranse os venres e sábados, desde o 4 de xullo ao 17 de agosto, ás 21,00 h., e o ciclo é o fiel escaparate das tendencias musicais actuais, podéndose escoitar hip-hop, trap, dance, electrónica, flamenco-pop ou cumbia, que tanto éxito están a ter entre a xente máis nova, aínda que non faltará o pop, o reggae, o indie ou o rock.
  • Durante o acto de entrega das Bandeiras Azuis 2019, Feijóo aseverou que a Xunta seguirá traballando para garantir o máximo respecto polo medio sen facelo incompatible cunha explotación racional, lembrando que nos últimos tempos dotouse á Comunidade de instrumentos normativos para preservar a paisaxe e fomentar un desenvolvemento sustentable e racional como: o Plan de ordenación do litoral, as directrices de ordenación do territorio, a Lei do Solo, ou o Catálogo das paisaxes de Galicia.
  • A convocatoria aberta de proxectos O Teu Xacobeo impulsará 352 iniciativas de dinamización en máis dun cento de concellos de toda Galicia. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, anunciaron a resolución deste proxecto que conta cun investimento de 4,7 millóns de euros por parte da Xunta e permitirá mobilizar preto de nove millóns de euros en todo Galicia, ao longo deste 2019 e ata abril do 2020.