Skip to main content

Noticias

  • Camiño Creativo celebra este ano a súa primeira edición co obxectivo de promover novos modelos de negocio e xerar riqueza e emprego no sector da creatividade ao tempo que se reactivan os sectores económicos tradicionais. Así mesmo, a iniciativa, que conta co apoio da Xunta de Galicia, tamén procura favorecer a cohesión social a través do diálogo intercultural, preparar á mocidade para asumir o liderazgo na economía creativa, promover a difusión de coñecemento, a creatividade e espírito emprendedor e impulsar unha educación cultural aberta á sociedade.
  • Un total de 659 aloxamentos turísticos e axencias de viaxes están xa oficialmente adheridos á nova convocatoria deste Bono Turístico, unha iniciativa reeditada co obxectivo de seguir apoiando a reactivación do sector turístico. Esta cifra supón un incremento do 17% no número de empresas adheridas con respecto á primeira edición, que contou con 560 empresas. Pero a previsión é que a cifra final aínda sexa maior, xa que o prazo para adherirse ao programa seguirá aberto ata finais de ano e as solicitudes seguen chegando.
  • A mostra, que permanecerá na Fundación DIDAC de Santiago ata finais do mes de abril, descobre o potencial cultural e o peso de elementos arquitectónicos modestos (fontes, lavadoiros...) que dan sentido ao territorio a través do estudo de cinco enclaves: O Amenal (Francés); Rubial (Vía da Prata), Rúa de Francos (Portugués); Augapesada (Fisterra) e Marantes (Inglés). O traballo estivo impulsado pola arquitecta Elisa Gallego e o fotógrafo Julián Barón, en colaboración coa Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC) e o Grupo Cidade e Territorio, ambos da Universidade da Coruña.
  • O novo Plan Catedrais que prepara a Xunta de Galicia blindará o mantemento e conservación destes cinco grandes templos galegos no horizonte do Xacobeo 2027 para dar continuidade ao esforzo inversor dos últimos anos coa intención de seguir preservando o patrimonio. Así o avanzou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, nunha visita á Catedral de Mondoñedo onde anunciou un primer investimento de máis de 300.000 euros para a restauración do conxunto mural do presbiterio e nave central. O Plan Catedrais está neste momento en elaboración, en diálogo coas distintas dioceses.
  • O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou hoxe, en rolda de prensa, dos acordos do comité clínico celebrado no día de hoxe. O titular da carteira sanitaria do Executivo galego destacou que a Xunta de Galicia vai posibilitar, a partir da primeira quincena de abril, aos cidadáns que se vacinen, acceder a un certificado dixital que poderá ser validado a través da súa sede electrónica. Así, -tal e como explicou o conselleiro-, cada vez que se realice a administración dunha vacina, ou se produza un resultado negativo dunha PCR, ou teña lugar unha recuperación recente da infección, será posible xerar un documento asinado dixitalmente que se almacenará na historia clínica.
  • Nesta edición de 2021 a proba atravesará na súa antepenúltima etapa o 3 de setembro os concellos de Monforte, Lugo e Sarria para continuar polas Rías Baixas desde Sanxenxo a Mos pasando por Pontevedra, Redondela, O Porriño e Baiona deixando para a contrarreloxo individual do domingo 5 de setembro o tramo de Padrón a Santiago de Compostela, para chegar como tódolos peregrinos á porta da Catedral compostelá. Por iso, estiveron presentes os alcaldes de Santiago de Compostela, Padrón, Sanxenxo, Mos, e Monforte de Lemos, municipios de saída e chegada das tres etapas pola comunidade.
  • O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este xoves o I Informe de Conxuntura Socioeconómica do Ano 2021. Nel destácase que o impacto da crise na economía galega foi “significativamente menos intenso” que no conxunto do estado. “Galicia resiste mellor o envite da crise que o conxunto do estado. A estrutura económica e produtiva da nosa comunidade, cun peso menor do turismo e a hostalaría e maior do agroalimentario, contribuíron a iso”, indican desde a entidade.
  • Foi inaugurada nas Torres Hejduk 'O perpetuto tránsito cara ao presente', unha intervención artística do enxeñeiro forestal Miguel Moreno Mateos (Madrid, 1978), quen reconstrúe un orixinal sistema de rego, composto por 17 esferas de cristal de diferentes tamaños e feitas artesanalmente, en cuxo interior hai material orgánico (minerais, crustáceos, pedras...). A través destes cilindros, e coa choiva recollida no cumio da torre opaca, nútrese un viveiro con sementes, situado na torre de cristal, co obxecto de facelas xermolar. A idea é reflectir a importancia da auga como orixe da vida e xusto na mesma semana que se conmemora o Día Mundial da Auga.
  • Turismo de Galicia acaba de reeditar o folleto de sendeirismo 'Sendas para descubrir un país', unha publicación de 268 páxinas que constitúe unha das mellores ferramentas para a práctica desta actividade en todo o territorio da comunidade galega. Nesta nova edición, a publicación especializada en sendeirismo actualiza a súa información e inclúe 57 camiños máis ca anterior edición. Esta guía recolle información sobre os 122 sendeiros homologados pola Federación Galega de Montañismo para practicar sendeirismo en Galicia, dos que tres son sendeiros de gran percorrido e 119 de pequeno percorrido. A publicación inclúe información sobre a nomenclatura e símbolos que o camiñante se atopará nos camiños, así como sobre o Sistema MIDE, relacionado coa comunicación entre excursionistas para avaliar as esixencias técnicas e físicas dos percorridos.
  • Sector turístico, universidades galegas e Xunta de Galicia traballan no deseño do futuro modelo turístico galego, que se baseará na sustentabilidade e na calidade. Con ese obxectivo, a Administración autonómica vén de poñer en marcha Turislab, a primeira aceleradora galega especializada no sector do turismo. O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, presidiu hoxe a presentación desta iniciativa, que pretende ser unha rede de recursos innovadores e de alto impacto especializada no turismo sostible e de calidade. Nun acto ao que asistiu tamén a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, a Xunta reafirmou o seu compromiso cun sector que pode ser clave na recuperación económica de Galicia logo da pandemia.