Unha enquisa de residentes revela que un 90% dos galegos valora positivamente a actividade turística no seu municipio
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe no foro Conversas: cara un turismo consciente, organizado por Radio Galicia onde reivindicou a hospitalidade dos galegos que se sustenta, avanzou, nos resultados preliminares da Enquisa de Residentes coa que o Goberno autonómico está a analizar a percepción dos galegos fronte a actividade turística.
Como explicou, esta sondaxe elaborada pola Área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia amosa unha valoración global moi positiva. En concreto, nos últimos anos, entre o 86 % e o 90 % dos galegos valora de forma positiva ou moi positiva a presenza de turistas en Galicia. Son porcentaxes que apenas varían desde o ano 2021 e que son maiores naqueles segmentos vinculados directa ou indirectamente co turismo “e moi positiva tamén no resto da poboación”, indicou.
En concreto, como engadiu, se nos cinguimos a este mesmo ano 2023, a valoración é dun 8,2 entre os que teñen unha relación directa ou indirecta co turismo e dun 7,6 o resto da poboación. “Cifras moi boas en ambos casos que nos permiten establecer unha visión global da situación e seguir avanzando para ofrecer un modelo turístico ordenado e sustentable que nos axude a repartir territorialmente os beneficios que o turismo ofrece e incrementar así o grao de satisfacción da sociedade galega”, indicou.
Modelo planificado
Como explicou, esta enquisa dirixida aos residentes na comunidade naceu como proxecto piloto no 2020 co obxectivo inicial de coñecer a intención de viaxe dos galegos en contexto de pandemia ao tempo que buscaba medir a súa percepción e valoración respecto da actividade turística e os seus impactos. Nos anos sucesivos e coa recuperación paulatina do turismo, a enquisa estase focalizando na percepción do turismo.
“Trátase dunha liña de traballo que se aliñea co noso compromiso por planificar, coñecer a realidade actual e ter unha folla de ruta ordenada que nos permita actuar”, engadiu.
Salientou tamén que o Goberno autonómico conta ademais con ferramentas como o Plan Director dos Camiños de Santiago, en marcha desde o ano pasado, ou a futura Estratexia turística 2024-2030 na que xa se está a traballar da man das universidades e o sector para seguir planificando os plans de traballo dos próximos anos.

R.