O Museo de Belas Artes acolle este domingo o último concerto do ciclo musical sobre as cidades picassianas no marco da exposición ao redor do artista

Ata o 25 de xuño
A Xunta afronta así este último mes da exposición aberta ao público cunha completa actividade paralela, que ademais deste concerto, inclúe distintas propostas familiares, talleres xuvenís ou visitas guiadas. A vindeira semana porase tamén fin ao ciclo de conferencias enfocado na Coruña e os primeiros trazos de Picasso co relatorio de Malén Gual, unha das comisarias da exposición.
Co título Lola, a gardiá do tesouro, Gual falará o vindeiro mércores a partir das 20,00 horas, do papel fundamental da irmá do artista, como modelo feminino nos seus anos xuvenís como figura importantísima entre os anos 1894 e 1901. Lola, tras a morte da súa nai en 1930, herdou un papel co que transmitu aos seus fillos, os irmáns Vilató Ruiz, a responsabilidade de conservar as obras do artista ata a súa doazón ao Museu Picasso de Barcelona.
Toda a programación está dispoñible na web do museo e para inscribirse é preciso enviar un correo electrónico a actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal.
A mostra Picasso no branco azul estácomisariada, ademais de por Malén Gual, por Antón Castro e Rubén Ventureira coa coordinación da directora do museo, Ángeles Penas e seu o equipo. Trátase da única mostra da nosa Comunidade no marco da programación oficial da Celebración Picasso 1973-2023 impulsado polo Musée National Picasso-París e a Comisión Nacional para a Conmemoración do 50º aniversario da morte de Pablo Picasso, con Telefónica como empresa colaboradora do programa en España.
Conmemoracións oficiais
O 8 de abril de 2023 cumpriuse o 50 aniversario do pasamento do artista español Pablo Picasso, evento que marcará a celebración da súa obra e a súa herdanza artística en Francia, España e internacionalmente. Os gobernos de Francia e España acordaron traballar conxuntamente nun programa internacional a través dunha comisión binacional que reúne ás administracións culturais e diplomáticas dos dous países.
A Celebración Picasso 1973-2023 xira en torno a unhas 50 exposicións e eventos que se celebrarán en institucións culturais de renome en Europa e América do Norte que, xuntas, abordan unha análise historiográfica da súa obra. A celebración, acompañada de celebracións oficiais en Francia e España, permitirá facer un balance das investigacións e interpretacións sobre a obra de Picasso, especialmente durante a importante simposio internacional en outono de 2023 que, ademais, coincide coa apertura do Centre d’Etudes Picasso de París.
O Musée National Picasso-París e a Comisión Nacional española para a conmemoración do 50 aniversario da morte de Pablo Picasso comprácense en apoiar este programa excepcional.
R.