Skip to main content

A Xunta avanza unha liña urxente de axudas para a hostalería que inxectará entre 2.200 e máis de 7.000 euros aos establecementos pechados a causa da covid-19

Polo tanto, “a diferenza depende do número de empregados e tamén depende do número de meses que leve pechado”, engadiu o presidente da Xunta de Galicia.

Máis en concreto, as axudas ás que poden optar os establecementos da hostalería serían: 1.200 euros como complemento á prestación por cese de actividade do Estado e 4.000 euros máis en caso de ter empregados, ter estado en ERTE nalgún momento desde que empezou a pandemia e ter unha baixada de facturación de máis do 50% con respecto ao mesmo período do ano anterior.

A maiores, o presidente da Xunta explicou que poderán contar con 1.000 euros máis por cada un dos meses que teñan que permanecer pechados.

Despois de recordar que o peche da hostalería do mes de novembro automaticamente vai producir outra vez o dereito a ERTE, sen custo para o titular do establecemento, o titular do Goberno galego incidiu en que estas axudas son “adicionais á bonificación do 100% da Seguridade Social e ao pago do 70% do salario”.

Para concluír, Feijóo avogou porque “todos colaboremos na situación da hostalería”. Ante os peches aprobados xa en varias comunidades e a posibilidade de que outros territorios o fagan nos próximos días, pediulle ao Goberno central que “valore a posibilidade de reducir o IVE do sector turístico ao 4% durante o tempo que dure a pandemia”. Ademais, solicitoulle a todos os concellos de Galicia que bonifiquen ou eximan dos tributos e das taxas ao sector da hostalería durante este ano 2020.
R.