Skip to main content

Galicia rexistrou un descenso do 60% nas pernotacións o mes pasado debido á influencia da covid-19 fronte ao 78% do conxunto de España

Ademais, a comunidade galega conseguiu manter o valor da estadía media o mes pasado nos establecementos hoteleiros galegos mentres que na media española descendeu en case un 30%.

Acumulado do ano

A evolución da demanda turística na comunidade galega tamén é mellor que a media de España no que vai de ano. Entre xaneiro e setembro, Galicia foi unha das autonomías nas que menos descenderon as pernoctacións. Pese á baixada dun 60%, son 12 puntos menos que a caída dun 72% desta variable en España. Na ocupación, ese diferencial volve ser positivo, en concreto, en case 9 puntos, tendo en conta que o descenso en Galicia foi do 15% respecto ao mesmo período de 2019, fronte ao 24% do conxunto estatal.

Por outra parte, no relativo á demanda xeral, a comunidade galega tamén rexistrou un comportamento mellor en relación á media do resto do Estado, cun 60% menos de viaxeiros en comparación co 66% de caída a nivel nacional.
R.