Sanidade lembra a obrigatoriedade de inscribirse no rexistro de viaxeiros ás persoas que visiten Galicia

A web da Consellería de Sanidade recolle a listaxe dos territorios cuxa incidencia epi-demiolóxica require desta obriga, podendo ser tanto países extranxeiros coma outras comunidades autónomas. Esta listaxe actualízase quincenalmente, segundo sexa a evo-lución epidemilóxica de cadanseu territorio.
Dúas modalidades para facilitar a información de contacto
Para proporcionar esta información, poderase cubrir o formulario que está dispoñible na web https://coronavirus.sergas.gal/ ou subministrar os datos chamando ao teléfono 881 00 20 21. A todos os viaxeiros faciltaráselles un contacto por se tivesen algún tipo de sintomatoloxía, ben a través do seu médico de cabeceira se son residentes con tar-xeta sanitaria en Galicia, ou a través do número de teléfono anteriormente citado para aqueles que non dispoñan dela.
Tamén se lles proporcionará información e recomendacións sanitarias e poderán adoptarse as medidas de seguimento, recoñecemento e control que se consideren ne-cesarias. Así, por exemplo, no caso de persoas que veñan de territorios cun risco máis alto, independentemente de que teñan sintomatoloxía ou non, podería promoverse a realización dunha proba diagnóstica.
Cómpre destacar que a atención que se considere necesaria polos profesionais do Ser-vizo Galego de Saúde, non terán custo para as persoas que a precisen, incluíndo a reali-zación de probas diagnósticas ou, no seu caso, dos tratamentos indicados.
Os establecementos de aloxamento turístico estarán obrigados a informar desta medi-da aos seus clientes; así como os responsables de axencias de viaxe, operadores turís-ticos, compañías de transporte aéreo ou marítimo e outros axentes similares ao incio do proceso de venda dos billetes. Así mesmo deberán facelo ás empresas, que despracen aos seus traballadores por motivos laborais.
R.