Skip to main content

A Ribeira Sacra segue o seu camiño como candidata de España á Lista do Patrimonio Mundial da Unesco o vindeiro 2021

O devandito encontro foi presidido polo director xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura e Deporte, Román Fernández-Baca, e nel participa, en representación da Xunta de Galicia, a directora xeral de Patrimonio Cultural, María Carmen Martínez Ínsua.

Normalidade na tramitación e impstulso das candidaturas

O resto das propostas galegas, Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas e Cidade de Ferrol: Porto de la Ilustración, continúan o seu traballo con normalidade para acadar a súa futura inclusión na Lista do Patrimonio Mundial. As dúas candidaturas están neste momento inscritas na Lista Indicativa Española do Patrimonio Mundial. No caso de Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas, a Xunta e as tres universidades galegas teñen asinado o pasado mes de xullo un convenio para a realización do formulario da candidatura.

86ª reunión do Consejo de Patrimonio Histórico

Este órgano entre a Administración do Estado e as Comunidades Autónomas ten como finalidade especial facilitar a comunicación e o intercambio de programas de actuación e información relativos ao Patrimonio Cultural Español e nel están representados todos os directores xerais con competencias en materia do patrimonio cultural das distintas autonomías españolas, xunto cos representantes do Ministerio de Cultura e Deporte.

Na reunión do Consejo de Patrimonio Histórico analizouse a situación dos plans nacionais de patrimonio; presentouse o proxecto de creación do Centro de Categoría 2 da UNESCO sobre arte rupestre e se abordou o estado das candidaturas españolas para ingresar na Lista de Patrimonio Mundial, material e inmaterial.
R.