Skip to main content

O festival Música no Claustro regresa cun cartel de reencontros coa música e o patrimonio na catedral de Tui

A esto hai que engadir un obradoiro e unha conferencia de imaxinería castelá, sete percorridos arquitectónicos nocturnos e a conversa inaugural o sábado 4 de agosto con María Bolaños, directora do Museo Nacional de Escultura, seguido do concerto de Álterum Cor.

Música en diálogo co patrimonio

Así, segundo afirmou na presentación o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, “Música no claustro continúa a medrar e a innovar con cada edición, cun programa musical en diálogo co patrimonio que reforza a calidade da axenda cultural galega no verán”. “O festival –engadiu–pon en valor a riqueza do patrimonio histórico da catedral de Tui, ao tempo que permite gozar dunha programación musical aberta a todos os públicos e que se converte nun importante reclamo para visitar un municipio que conta cun valioso legado cultural”.

A programación de Música no claustro complétase con catro concertos de música de calmara, jazz, blues e soul, que inclúen a presentación do novo disco de Eva Fernández, o debut en Galicia da cantante africana Tina Masawi, a música de cámara do Kebyart Ensemble ou o renovado ciclo de novos intérpretes dedicado a estudantes galegos, co percusionista Carlos Puga, a violoncellista Julia Caro, a acordeonista Noelia González e o quinteto de metais EntreRías. Mentres, Yolanda Castaño será a encargada de achegarlle ao festival a palabra poética galega contemporánea.

Concertos e percorridos nocturnos pola catedral<7b>

O sábado 4 de agosto, na primeira xornada do festival no seu espazo habitual da catedral de Tui, o público descubrirá a intrahistoria do sepulcro de Diego de Avellaneda e a súa chegada ao Museo Nacional de Escultura con María Bolaños, directora do Museo Nacional de Escultura. Unha conversa amena e pedagóxica seguida do concerto de polifonía sacra do Renacemento europeo As músicas na época de Diego de Avellaneda, do Álterum Cor, formación coral residente do propio museo.

O domingo 5 de agosto será a estrea do novo proxecto musical 13 cancións bonitas, do zanfonista Germán Díaz e o oboísta Benxamín Otero. Os catro concertos deste programa narrativo #DiegodeAvellaneda complétanse o martes 7 de agosto coa presentación do disco Pajarillos fugitivos, do cantante e laudista arxentino Jonatan Alvarado.

Froito do carácter interdisciplinar do festival, o artesán Miguel Ángel Tapia trasladará o seu obradoiro, desde Valladolid ao claustro gótico da Catedral de Tui, para impartir un curso de imaxinería castelá, que nace da colaboración entre a Fundación Pública Artesanía de Galicia e Cearcal e o Centro Regional de Artesanía de Castela e León. Ademais do obradoiro, que xa ten as prazas cubertas, o martes 7 de agosto ás 20:15 horas, Tapia impartirá unha conferencia de acceso libre.

A programación de Música no claustro complétase cos tradicionais percorridos nocturnos pola catedral despois de cada concerto, da man do historiador tudense Suso Vila, que achegarán o legado arquitectónico e obxectos persoais de Diego de Avellaneda. A capacidade é de 20 persoas por noite, con inscrición previa en contacto@musicanoclaustro.com

Como novidade nesta décimo terceira edición e no marco do compromiso social do festival, o programa #DiegodeAvellaneda complétase coa actividade Caricias en braille, en colaboración coa ONCE, que constitúe unha experiencia única de vivir a escultura da catedral de Tui a través do tacto, adaptada a persoas con discapacidade visual.
R.