Cultura investirá 326.000 euros na rehabilitación das pallozas do Cebreiro
A Consellaría de Cultura e Deporte vén de anunciar a licitación das obras de reparación, acondicionamento e mellora das pallozas do Cebreiro en Lugo por valor de 326.210 euros. Con esta actuación, o departamento que dirixe Ánxela Bugallo procura converter este conxunto etnográfico nunha área visitable.
Con estas obras, a Consellaría continúa cos proxectos arquitectónico e museolóxico-museográfico que dende 2006 pretenden acondicionar as estructuras construídas e adaptalas a unha presentación musealizada de todo o Conxunto Etnográfico do Cebreiro. Deste xeito, as primeiras intervencións tiveron lugar xa no 2006 con traballos previos de limpeza de muros e preinstalación eléctrica nas Palloza Museo, Palloza de "Quico", de "Galán" e do "Campelo", ademais da reparación dos teitos de palla das Pallozas de Galan e Campelo por un importe total de 82.239€.
E para este 2008, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultura decidiu investir nesta segunda fase 326.210 euros que dedicará á colocación de reixas para recollidas de augas de escorrentía na Palloza Museo, ao acondicionamento dos exteriores e á substitución de carpintería por outra de madeira de castiñeiro en todas as pallozas do conxunto, execución de pavimento de terra nas pallozas de Quico e Galán, dotación de mobiliario para exposición de obxectos e paneis explicativos e darase un tratamento preventivo de madeiras da estructura da cuberta en todas elas. Así mesmo, rematarase a instalación eléctrica, dotarase ás construcións de pantallas TFT para proxección de series fotográficas que acompañen aos paneis explicativos e incorporarase cableado para son e altofalantes nas Pallozas Museo e Quico.
O prazo de presentación ao concurso, de procedemento aberto e carácter público, remata o 11 de febreiro. A realización destas obras no Conxunto etnográfico do Cebreiro contarán cun prazo de execución de seis meses.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia