Skip to main content

Os camiños da USC en América

Para o desenvolvemento deste programa, o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Xesús Pérez Varela, e mailo reitor da USC, Senén Barro, asinaron un convenio de colaboración entre ambas institucións.
'Os Camiños da USC en América' conta ademais co patrocinio do Grupo Santander.
Máis de 5000 visias á exposición A memoria do xeo.-
A exposición A memoria do xeo do fotógrafo Guillermo de Rueda foi visitada por máis de 5.000 persoas dende a súa inauguración o pasado 15 de xaneiro no Colexio de Fonseca. A mostra, que permanecerá aberta ata o 29 de febreiro, presenta arredor de 80 fotografías a cor sobre as catro transicións políticas e económicas que redeseñaron Europa no derradeiro cuarto do século XX como son a saída de España e Portugal das súas ditaduras, a reunificación de Berlín e toda Alemaña, o final do comunismo na antiga URSS e o cambio dinástico en Marrocos logo da morte de Hassan.
Universidade de Santiago de Compostela (USC)