Skip to main content

A partires do 20 de xullo volta o CourelSon a encher de vida as airas dos pobos do Courel

Este ano contamos, unha vez máis, coa imprescindible axuda económica da área de Cultura da Deputación de Lugo, pero tamén cunha aportación da Sociedad de Artistas Intérpretes o Ejecutantes (AIE), que quere premiar con esta achega a orixinalidade da nosa proposta, na que non buscamos a masificación, senón a excelencia.

Poucos críamos naquel lonxano 2018 que este proxecto ía ter tantos loubanzas, poucos imaxinábamos a gran acollida por parte de visitantes e veciños, que xa ven como propio o noso ciclo de Jazz e Blues.

Este ano, co fin de premiar ese compromiso de veciños, estreamos escenarios nos que amosar que o mellor espazo natural de Galicia segue vivo gracias aos seus habitantes.

Como sempre, os días posteriores aos concertos, organizaremos actividades interpretadas gratuítas que sairán dos mesmos pobos que serviron de escenario, para o cal contamos coa colaboración dos axentes que traballan no e polo territorio: a Asoc.Galega de Custodia do Territorio, a Sociedade Micolóxica Lucus, a Fundación Uxío Novoneyra e O Xeoparque Montañas do Courel.

Queremos agradecer tamén á Caixa Rural Galega o seu firme compromiso co noso proxecto.

E, cómo non, aos músicos que veñen, pero tamén aos que queren vir: sabemos que son só catro concertos para os que temos dispoñibilidade, pero estamos asombrados coa aceptación que o noso ciclo ten entre os músicos e músicas destes estilos, que non deixan de presentarnos os seus traballos.
Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel