Skip to main content

O Xacobeo trae a Vigo o espectacular tour do artista C. Tangana tras o éxito do festival Latitudes

C. Tangana chegará a Vigo dentro da súa xira por España e antes de dar o salto o vindeiro mes de novembro a Latinoamérica. Tras actuar o pasado 18 de agosto en Benidorm (Festival Bombastic) e pasar este martes pola cidade olívica, estará en Pamplona (3 de setembro), Ávila (10 de setembro) e Sevilla (17 de setembro). Posteriormente, ofrecerá concertos en México, Colombia e Arxentina.

O seu espectáculo musical xa foi cualificado o pasado ano 2021 como o mellor de España e conta cun centenar de persoas para a montaxe. Ademais, nas súas actuacións participan preto de 40 persoas entre músicos e bailaríns. “Xa dixemos que o Xacobeo estará moi presente en Vigo con música de calidade e este martes teremos a sorte de desfrutar dun espectáculo único en España”, sinalou a delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias.

As entradas para o concerto de C. Tangana en Vigo están esgotadas desde o primeiro día de venda, cando foron despachadas en menos de dúas horas pola produtora Esmerarte Industrias Creativas. En todo a fronte portuaria de Vigo haberá un dispositivo de seguridade no que participarán Policía Nacional, Policía Local, Guardia Civil, Bombeiros, Capitanía Marítima, Sociedad de Salvamento e Seguridad Marítima e Axencia Galega de Emerxencias.

Iggy Pop no Festival Latitudes

A pasada fin de semana celebrouse tamén no peirao de Transatlánticos o Festival Latitudes que devolveu os grandes concertos á cidade co apoio do Xacobeo 21-22. O evento ofreceu unha primeira xornada cos vigueses Zålomon Grass, o dúo galego Bala, os suecos Mando Diao e os irlandeses Two Door Cinema Club.

A lenda estadounidense Iggy Pop foi o prato forte do sábado, no peche dunha cita na que tamén triunfaron os británicos The Vaccines, os locais Aphonnic e os pontevedreses Furious Monkey House.

Festival de Música Urbana

Fernández-Tapias lembrou que no mesmo escenario celebrarase o vindeiro o sábado 27 de agosto o Festival de Música Urbana con Quevedo e Ajax e Prok. Ademais, indicou que a programación musical do Xacobeo tamén traerá á banda británica Muse (8 de setembro) ao Estadio de Balaídos.

Calendario musical do Xacobeo en Vigo

Xacobeo Importa:
17 de xuño: Pat Metheny – Auditorio Mar de Vigo
26 de xuño: Marisa Monte – Afundación
7 de xullo: Agnes Obel – Afundación
10 de xullo: Leon Bridges – Auditorio Mar de Vigo

Rufus Wainwright: 2 de xullo (Afundación)

Ciclo Xacobeo Vigo (Auditorio Mar de Vigo):
6 de xullo: Fat Freddy’s Drop
17 de xullo: Steve Vai
22 de xullo: Yann Tiersen
9 de agosto: Texas
26 de agosto: Cimafunk
18 de setembro: Mayumaná

Festival Latitudes: (Porto de Vigo)

19 de agosto: Two Door Cinema Club, Mando Diao, Bala e Zalomon Grass

20 de agosto: Iggy Pop, The Vaccines, Aphonic, Furious Monkey House, Sylvia Supertar

C. Tangana: 23 de agosto (Porto de Vigo)

Festival Música Urbana: 27 de agosto (Porto de Vigo)
Ayax y Prok
Quevedo
Califato
Sila Lúa
Safree

Muse: 8 de setembro en Balaídos

Fito & Fitipaldis: 28 de outubro no Auditorio Mar de Vigo
Xacobeo 21-22