Skip to main content

O ciclo 'O país das bandas' chega a Melide, Triacastela e Cervo

A Unión Musical Ponteledesma nace en 1987 con 30 alumnos e na actualidade está formada por 60 compoñentes. Ten editados tres traballos discográficos e conta cun centro de formación musical integrado na Escola Municipal de Vila de Cruces, con máis dun cento de alumnos que alimentan a súa banda xuvenil e garanten o seu futuro.

Con Miguel Rodríguez Barrio como director, o programa do concerto inclúe os temas Puenteareas, Marcha eslava, Airiños aires e The legend of Maracaibo. Soarán tamén La leyenda del beso, Ghalleghadas, Feiticeira, Agárrate saxo e Muiñeira dos pendellos.

Triacastela

Ás 19,30 horas, Triacastela acollerá o repertorio Pepita Greus, 3ª suite, Alborada e Saúdo a Lugo. Soarán tamén Moment for Morricone, El torico de la cuerda, Tributo a Mocedades, Churrusqueira e La ventanita. A Banda Filarmónica de Lugo nace en 2013 por iniciativa do seu director, Iván Martínez Sabio, entre outros músicos da cidade e co apoio da Sociedade Filarmónica de Lugo e do conservatorio Xoán Montes.

Cervo

Pola súa banda, a Banda de Música O Landro de Viveiro ofrecerá ás 22,00 horas en Sargadelos as pezas Aguileño, Pusiano, Gabriel´s oboe e Fantasía en Do. Outras das melodías previstas no programa son Sinfonía romaría, A discovery fantasy. Shalom, suite of israeli folk songs e Santana a portrait. Esta agrupación fundouse en 1917 por Juan Latorre Capón a partir da Banda de Exploradores, primeira formación bandística consolidada que se instaura en Viveiro. Desde 2015 está dirixida por Carlos Timiraos Timiraos.

O País das Bandas

O País das Bandas arrincou o pasado 1 de xullo e percorrerá Galicia ata o 19 de setembro con case un cento de concertos a cargo de 77 agrupacións que suman máis de 3600 músicos. O obxectivo é impulsar a recuperación da actividade das bandas na Comunidade, como grandes depositarias da tradición musical galega.

A iniciativa desenvólvese ao abeiro do acordo asinado o pasado maio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Federación de Bandas, mediante o que a Xunta cuadriplicou a súa colaboración con este colectivo, cunha achega de 400.000 euros.





O país das bandas