Skip to main content

Carlos Blanco, primeira confirmación do 'Paisaxes Sonoras', un ciclo que conxuga cultura, identidade e patrimonio

Así mesmo, as actividades terán lugar a plena luz do día para contribuir ó fortalecemento do imaxinario co legado patrimonial. Para cada concerto habilitarase un aforo máximo de 50 persoas, constituido por 23 entradas dobres, reservadas para unidades familiares ou de convivencia, e 4 entradas individuais. A exclusividade do aforo basease tanto nas medidas de seguridade sanitaria contempladas nesta etapa poscovid-19 como no respeto á integridade das localizacións escollidas. Trátase de vivir unha experiencia única que conxugue o desfrute do entorno e da proposta artística.

Rianxo: O hórreo do Pazo Rianxiño

Carlos Blanco actuará baixo a sombra do ‘Hórreo de Rianxo’. De pedra na súa totalidade, é o segundo en importancia no municipio e ten como particularidade a súa cuberta de granito a dúas augas. Cos seus casi 25 metros de longo, tardou casi 10 anos en ser construido. Preside maxistralmente a Ruta do Mar de Arousa e Ulla.

O artista: Carlos Blanco

Sen apenas precisar presentación, Carlos Blanco, actor e director teatral, leva máis de 30 anos sobre os escenarios abarcando todas as disciplinas posibles: desde a gran pantalla con participación en películas como 'Heroína' de Gerardo Guerrero, 'Sé quién eres' de Patricia Ferreira ou 'VOLVER' de Pedro Almodóvar, ata o seu paso pola ficción en series como a histórica 'Mareas Vivas' ou máis recentemente 'Fariña'.

Como autor, interactúa con outras disciplinas como a musica en 'iLalelo!', colaborando co músico Budiño, ou con 'Menú do Día' e 'Menú da Noite' colaborando co debuxante Luis Davila, batendo records de asistencia de público en Galicia.

Nesta ocasión teremos o pracer de disfrutar del na súa faceta de monologuista que o levou a percorrer todo o mundo co seu particular xeito de entender e ver a vida.

A programación

As citas restantes serán o 8 de agosto en A Pobra, o 22 de agosto en Boiro e o 29 de agosto en Ribeira con artistas todavía por confirmar.
Paisaxes Sonoras