Skip to main content

A Coruña

 Luz, Pedra, Mar e Cristal... 

a coruña turismogalicia

Velaquí a cidade Cabeza, garda e chave do reino de Galicia. Naceu dun porto e un faro... E foi chamada Brigantia, Terra ou Condado de Faro, Crunia... Hoxe, A Coruña segue a se-lo faro que aluma na noite ó navegante e a cidade-faro que marca ós seus iguais a ruta cara ó futuro.

Chegamos á cidade da Coruña polo seu primeiro acceso natural, a Ponte da Pasaxe, para descubrila ou redescubrila... Para vivir, por un tempo, o seu moderno, e á vez, secular atractivo.

Estamos, por certo, moi preto da Ponte do Burgo, pola que pasaba o máis antigo camiño real cara á Coruña.

Hai outros puntos para acceder a esta cidade, pero facémolo pola vía que, procedente de Madrid ou de Lugo, entra na Coruña pola Ponte da Pasaxe. O continuo fluír dos vehículos anúnciano-lo que logo imos atopar: a cidade moderna, de amplas vías, concentración de xentes industriosas, traballadoras, pero cidade tamén de descanso, de turismo, de cultura, que logrou ese case imposible equilibrio da variedade, do señorío, da harmonía entre o pasado e o presente.

a coruña turismogaliciaÓ final da Ponte da Pasaxe hai dúas opcións: o antigo acceso, bordeando a costa ou a nova avenida de Alfonso Molina, que nos conducirá directamente ó centro da Coruña.

Un alto no camiño permitiranos divisar parcialmente a cidade que nos agarda. E alá, ó lonxe, a silueta da Torre de Hércules lémbrano-lo seu papel de guía e símbolo. Preside a cidade no seu extremo máis setentrional e é a señora da noite no mar coruñés.

a coruña turismogaliciaa coruña turismogaliciaEntramos na gran cidade do noroeste galego: Un cuarto de millón de habitantes, vinte séculos de historia e un lugar de privilexio entre a terra e o mar.a coruña turismogalicia

A Coruña, antano case illa, é hoxe península urbana e en cada un dos seus recunchos respírase actividade, vida...

Comezamos a percorrela, precisamente, no entronque das dúas vías de acceso. E aquí atopamos xa o seu porto, unha das súas razóns de ser e, cronoloxicamente, sen dúbida a primeira.

O seu hoxe porto petroleiro, de mercancías, pesca ou deportes náuticos, era xa importante hai dous mil anos cando a el chegou Xullo César ó fronte da súa armada. Espertou a cobiza dos normandos...

a coruña turismogaliciaa coruña turismogalicia

De aquí saíu Carlos I cara a Alemaña e ó Imperio.

Tamén saíu a Armada Invencible a loitar contra Inglaterra e os temporais...

a coruña turismogaliciaO porto da Coruña é hoxe fervedoiro de actividade, fonte de riqueza e garantía de conexión da cidade con tódalas cidades portuarias do mundo.

a coruña turismogaliciaMoi preto de onde nos atopamos, no Parque de Santa Margarita, está a instalación que simboliza perfectamente o que A Coruña pode ofrecer no aspecto cultural: a súa Casa das Ciencias, iniciativa do Concello coruñés, a segunda de España. As súas modélicas instalacións poñen ó alcance dos visitantes, especialmente dos nenos, o gran mundo que nos rodea, desde o entorno natural -rural ou urbano- ata os confíns do cosmos.

a coruña turismogaliciaEn Riazor atopamos un importante complexo deportivo que reforza a tradición neste campo da Cidade da Coruña.

a coruña turismogaliciaA nosa meta final será a cidade histórica, as pegadas do paso do tempo...

a coruña turismogaliciaPercorremos, namentres, modernas vías, rúas comerciais, que nos levan ós centros vitais da nova urbe ou nos conducen ás dúas praias que A Coruña ten en pleno casco urbano: Riazor e Orzán. Cada verán énchense de milleiros de bañistas que gozan do mar e do sol cun entorno urbano que permite conxuga-las comodidades e o descanso en liberdade.

a coruña turismogalicia

Na Coruña existen modernísimas superficies comerciais que polarizan a atención dos compradores coruñeses e foráneos, pero tamén perviven as rúas comerciais de sempre, con tradición de séculos, xa respondan ó nome de San Andrés ou Rego de auga... Rúa Nova ou Rúa Real... Rúas gastronómicas por excelencia, como Olmos ou A Estrella, onde o chateo é un arte ou un rito...

E paseos como Os Cantóns ou a zona comercial do Obelisco, ou o abigarrado conxunto dos Porches. Aquí estaba o barrio da Pescadería, onde os coruñeses deron batalla ó exército inglés en 1589, en defensa da súa cidade.

a coruña turismogalicia

Fronte ós Cantóns, A Rosaleda, Xardíns de Méndez Núñez (co recordo en pedra e bronce a galegos ilustres)... o nobre edificio A Terraza, hoxe moderno centro da comunicación e o Quiosco Alfonso, actualmente sala de arte do Concello coruñés, ámbolos dous con sabor decimonónico e fermosísima presencia.

Máis de 100 anos despois, sona fresca e viva a voz de Curros Enríquez en homenaxe a esta cidade:

Ouh, meiga cibdá da Coruña,
cibdá que por sobre os mares
érgue-la cabeza altiva,
cal onte nas túas murallas
o brazo de María Pita:

¿Qué tés nese teu recinto
qué tés prós que te visitan
que coñecerte non poden
sin que deixarte non sintan?.

Coma un paso intermedio entre o presente e o pasado, as Galerías da Coruña.

Aínda que para dona Emilia Pardo Bazán eran como grileiras e aínda parecidas a panteóns, foron chamadas polos coruñeses Quitapesares. E para Torrente Ballester eran coma unha cura de ausencia e cada ano necesitaba contemplalas ó menos unha vez. Mereceron para a Coruña o sobrenome de A Cidade de Cristal.

Datan de comezos do século XIX e sintetizaron o traballo artesanal dos carpinteiros constructores de barcos co da nova industria do vidro que daquela nacía no Orzán.

Ó seu indubidable valor práctico de regulación de temperatura ó deixar pasa-lo sol e actuar como cámara amortecedora dos rigores invernais, unen o seu excepcional valor estético e son un auténtico símbolo coruñés.

a coruña turismogaliciaa coruña turismogaliciaa coruña turismogalicia

Case na cidade vella, a xeometría urbana atopa a súa perfección na Praza de María Pita. En tres dos seus lados, as casas -cada unha sobre tres arcos- amosan balcóns, balconciños e galería, en progresión ascendente.

Preside esta praza o Pazo Municipal, obra de comezos do século XIX. No seu salón de sesións están representados os feitos máis destacados da historia ou a lenda da Cidade.

Entramos no que se denomina a Cidade Vella ou A Cidade. Atrás queda A Coruña moderna, cosmopolita, do noso tempo... Entramos na cidade histórica.

a coruña turismogalicia

E para o primeiro contacto, o símbolo da cidade-faro,a Torre de Hércules, desde onde a tradición quere que Breogán divisase , nunha clara mañá, a verde terra de Irlanda.

Aquí foi o comezo... A lenda quere que os semideuses Hércules e Gerión loitasen a morte, sendo Hércules o vencedor e o cadáver de Gerión enterrado baixo os cimentos desa torre.

A historia confirma que o faro foi erixido no século II, quizais baixo o reinado de Traxano... Que foi vital para a navegación desde entón... Que no século XV, os Irmandiños destruíron a súa escaleira exterior e que en tempos de Carlos III foi dotada a estructura romana do recubrimento exterior que hoxe podemos admirar. Desde comezos do século XVI, figura no escudo da cidade.

Na súa base dúas placas recordan ós monumentos máis importantes da súa historia. A máis moderna, alusiva á reconstrucción dirixida polo arquitecto Eustaquio Giannini e a máis antiga á súa erección, hai quizais 1700 anos, polo arquitecto lusitano de Coimbra, Caio Servio Lupo, que a dedicou ó deus Marte.

É o único faro romano do mundo que segue en servicio na actualidade. Ten 105 metros de alto e desde o seu miradoiro, alá arriba, divísase unha ampla panorámica da Coruña e avístase a grandiosidade do Atlántico.

a coruña turismogalicia

Outro singular punto de referencia é o castro de Elviña, ó outro extremo da cidade. Alí déuselle unha importante batalla na Guerra da Independencia... Alí efectuáronse importantísimos achados das épocas castrexa e romana da Coruña.

Volvemos á Cidade Vella para percorre-las súas rúas máis nobres que teñen nome de Zapatería. Herrería, Tabernas, Panaderas... E visitamos un a un os seus principais monumentos.

a coruña turismogalicia

Como o noso punto de destino será o Castelo de San Antón, comezamos polo punto máis afastado da cidade ata chegar a el.

Na rúa Panaderas, Convento de Capuchinas, fundado no século XVII, con igrexa do XVIII, que se cre que é de Casas y Novoa, o autor da fachada do Obradoiro da catedral de Santiago. Na súa fachada, imaxe da Virxe das Marabillas. Á súa devoción existiu antes unha capela neste lugar.

a coruña turismogalicia

Museo de Belas Artes, que ocupa o edificio do antigo Real Consulado Marítimo do século XVIII. Na súa pinacoteca destacan os pintores románticos galegos: Ovidio Murguía, Parada Justel, os Irmáns Brocos... É notable a súa riqueza cerámica e numismática.

É tamén biblioteca pública e sede da Real Academia de Belas Artes.

a coruña turismogaliciaa coruña turismogalicia

A igrexa de San Nicolás é barroca, do século XVIII, con fachada do XIX. Dunha soa nave, con capelas laterais, contén o camarín da Virxe das Dores, de gran devoción na Coruña.

Moi preto está a igrexa de San Jorge, barroca, de comezos do século XVII, proxectada por Domingo de Andrade. Foi dos Xesuítas, logo dos Agustinos. E trala exclaustración, no antigo convento (hoxe desaparecido) instalouse o Concello e na igrexa a parroquial de San Xurxo.

a coruña turismogaliciaNa rúa Tabernas, Real Academia Galega, en edificio do século XVIII no que viviu dona Emilia Pardo Bazán. Alberga, así mesmo, o Museo dedicado á gran escritora do século XIX español.

a coruña turismogalicia

A Igrexa de Santiago é románica, do século XII, pero con influencias oxivais por numerosas reformas e reconstruccións posteriores, debidas especialmente ós varios incendios sufridos.

É a igrexa máis antiga da Coruña. No século XIV reuníase no seu adro o Concello da cidade, convocado pola súa campá. Parece ser que nunha das súas torres se gardaba a pólvora para a defensa da Cidade. A súa advocación a Santiago ven orixinada pola súa dedicación á atención de peregrinos que chegaban por mar cara á cidade do Apóstolo.

a coruña turismogaliciaVelaquí a antiga igrexa do Gremio dos Mareantes, construída na segunda metade do século XII. Foi parroquial no século XIII e a súa Colexiata a mediados do XV. Ningún home do mar volvía á súa casa sen antes pasar por esta igrexa. Na actualidade ten planta basilicala coruña turismogalicia

de tres naves, aínda que se supón que o trazado primitivo era dunha soa. A ábsida é a súa parte máis antiga.

Fronte a ela, a casa natal de don José Cordine, de estilo barroco, a máis fermosa da Coruña, segundo Otero Pedrayo.

a coruña turismogalicia

Pola rúa Santa María chégase á Praza e Convento de Santa Bárbara. O convento foi erixido no século XV no lugar que ocupaba unha ermida dedicada a esta santa aínda que o actual edificio corresponde ós séculos XVII e XVIII. Hoxe convento de Clarisas, ten na fachada un releve que representa o Xuízo Final. Convento, cruceiro, praza e casas, forman un fermoso conxunto, declarado de interese histórico-artístico.

Sábese que a finais do século XIII existía xa o convento e igrexa de Santo Domingo. Tamén se reuniu nel o Concello coruñés para asuntos de transcendencia nos séculos XIV e XV.

Destruído a finais do XVI durante a invasión de Drake, foi reconstruído no solar da antiga Fábrica de Moeda -xa dentro das murallas da cidade- no século XVII, con posteriores reedificacións.

a coruña turismogaliciaNa igrexa, barroca, a Capela da Virxe do Rosario, patroa da Coruña. Aquí efectúase, desde hai 400 anos, a función solemne do Voto da Cidade. A súa torre é a máis alta da cidade vella.

a coruña turismogaliciaVolvemos ás inmediacións da igrexa de Santiago... Xunto á súa ábsida, Praza da Fariña, coa súa Fonte do Desexo.

a coruña turismogaliciaE inmediata a Praza da Constitución, escenario de tantos feitos da historia coruñesa. Nela está o edificio da Capitanía Xeral e Antiga Audiencia de Galicia, do século XVIII, que conserva na súa fachada o escudo real.

a coruña turismogaliciaO Convento de San Francisco foi fundado posiblemente no século XIII aínda que ata o XV non hai noticia da súa igrexa. Aquí reuniu Cortes Carlos I. Suponse que aquí foi onde conferiu os poderes ó cardeal Adriano... Aquí aloxouse Felipe II. Por estar fóra de murallas, foi incendiado durante o asedio de Drake para evita-la súa utilización polo inimigo... Na actualidade só se conserva parte da fachada e a súa torre de campás que o é agora da igrexa da Orde Terceira, construída no século XVIII.

a coruña turismogaliciaAntes de entrar no Xardín de San Carlos achegámonos ás chamadas Portas do Mar. Na muralla do século XIV, ábrense estas portas dos séculos XVI e XVII, que dan fronte á baía e esténdense ó longo do paseo do Parrote. Por elas entrou a historia, durante séculos, na cidade da Coruña.

a coruña turismogalicia

Aquí descansa o seu sono eterno Sir John Moore, xeneral inglés que loitou contra os franceses na chamada Guerra da Independencia.

O 16 de xaneiro de 1809 deuse en Elviña unha gran batalla. Aquel mesmo día resultou mortalmente ferido o xeneral e o seu sangue regou esta terra ferida por mil batallas.

Hoxe, San Carlos é lugar de sosego porque é -dixo Otero Pedrayo- lugar presidido pola morte e a poesía. Rosalía de Castro buscou e atopou poesía na tumba de John Moore.

a coruña turismogalicia

Desde o balcón de San Carlos, comprobamos que é verdade o que dixo Cunqueiro:

Desde calquera lugar da Coruña, pódense ve-los pés do vento brillar ó longo do mar.

San Carlos e San Antón foron puntos imprescindibles para a defensa da Coruña. E o lume cruzado entre ámbolos dous fixo inexpugnable este acceso.

a coruña turismogalicia

Vamos a San Antón para achegármonos mellor á historia desta cidade, moderna e vetusta á vez. No seu interior gárdase a memoria dos feitos que forxaron paso a paso unha cidade.

En tempos illa con capela dedicada a San Antón, transformada en castelo a finais do século XVI e unida hoxe a terra firme, a vella fortaleza garda no seu interior a historia coruñesa desde os seus albores.

Os máis afastados tempos do onte coruñés están reflectidos no interior da planta baixa: puñais, albardas, espadas, machadas da Idade de Bronce... Mazas, ídolos, puntas de frecha, achados en dólmenes da Idade de Cobre... Son testemuñas vitais do entorno coruñés de hai varios miles de anos.

a coruña turismogalicia

San Carlos, baluarte convertido en xardín. No seu centro, sepulcro granítico, entre canóns cravados en terra.

O tesouro do Castro de Elviña, cuncas, torques... están situados nos antigos apousentos da guarnición deste castelo... A nosa corresponde ó amplísimo período do século VIII antes de Cristo ata a dominación romana.

a coruña turismogaliciaTamén na planta baixa, achados castrexos en terras coruñesas do século VI antes de Cristo ata a romanización corresponden ás escavacións efectuadas nos castros de Meirás e Elviña... Era o comezo da historia. 

Roma marcou fortemente a vida desta terra e a ela condúcennos as máis antigas referencias escritas: aras e lápidas atopadas no subsolo da cidade vella, restos a coruña turismogaliciaromanos baixo a igrexa de Santiago ou na necrópole da Rúa Real; ánforas rescatadas da baía... Xa entón A Coruña, vella Brigantia, era un porto-cidade cun faro alumeando cara ó descoñecido.

Despois de Roma, os suevos, os visigodos... Todos buscando Fisterra.

A Idade Media está reflectida no patio aberto do Museo, a coruña turismogaliciacon esculturas, emblemas heráldicos, sarcófagos... de finais do século XVI. É o primeiro escudo coñecido da Coruña, labrado en pedra, procedente da Porta da Torre de Arriba. Tamén de finais do XVI é a estructura primeira desta fortaleza. O seu alxibe era dos máis fortes e capaces de España. O seu actual destino ve a se-lo do pozo dos desexos dos visitantes.

Dos séculos XVII a XIX é o conxunto de salas e obxectos que se atopan na planta superior do Museo... Atopamos aquí pegadas das crenzas relixiosas (Capela da Virxe do Rosario e sancristía); das ideas políticas -na planta baixa- co recordo ó liberal Díaz Porlier... da Coruña e o mar... das loitas guerreiras que teñen a súa máxima expresión na batalla de Elviña, na xa mencionada Guerra da Independencia... ou da vida repousada da nobreza ou burguesía coruñesa destes séculos.

E desde San Antón, de novo, á Cidade de María Pita e Pardo Bazán, de Murguía e María Casares, de Picasso e de Madariaga...

A Coruña... Cunqueiro dixo que esta cidade está feita con luz, con pedra e con cristal... E tamén con mar e con vento.

É froito dunha loita do home contra os elementos, contra o invasor, contra si mesmo, pero tendo ó seu favor a forza da vida. E do seu triunfo, queda aquí constancia.

a coruña turismogalicia

 A Coruña é vida. A forza da vida feita pedra e cristal, luz, mar e vento.