Skip to main content

Tarta de Santiago, Indicación Geográfica Protegida, está considerada también producto de calidad

Con esta orden, también queda nombrado el consejo regulador, por propuesta del sector y con carácter provisional, con Manuel Iglesias García en la presidencia y apoyado por cinco vocales, según informó este miércoles la Consellería de Medio Rural.

El producto amparado por la IXP Tarta de Santiago es un dulce tradicional gallego, cuyos componentes básicos son las almendras, azúcar y huevo. Entre las características que la definen, está la forma redonda con cobertura de azúcar glasé, donde figura la cruz de la Orden de Santiago como señal de identidad propia, un aroma típico a yema y almendra y una textura esponjosa y granulada. La zona de elaboración de este postre de la IXP Tarta de Santiago abarca todo el territorio de la Comunidad gallega. El Instituto Galego de Calidade Alimentaria (Ingaca) será el encargado del control y certificación para los productos de esta indicación.

La elaboración de la Tarta de Santiago fue históricamente un proceso artesanal transmitido de generación en generación, que fue evolucionando en función del progreso tecnológico experimentado en los últimos años para atender las exigencias del mercado. Las técnicas empleadas en la fabricación tienen a obtener productos de máxima calidad, manteniendo las características tradicionales de las tartas amparadas por la indicación geográfica protegida. La IXP será presentada la próxima semana en un congreso especializado en alimentación (Fórum Gastronómico), que se celebrará en la capital gallega.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Medio Rural de la Xunta de Galicia:

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a Orde pola que se aproba o Regulamento da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Tarta de Santiago e do seu Consello Regulador, que se nomeou con carácter provisional. Con este paso, a Tarta de Santiago ponse en marcha como produto de calidade, tras ser tamén recoñecido o pasado 16 de setembro de 2009 pola Unión Europea.

Con esta orde queda nomeado o Consello Regulador, por proposta do sector e con carácter provisional, con Manuel Iglesias García na Presidencia e apoiado por cinco vogais.

O produto amparado pola IXP Tarta de Santiago é un doce tradicional galego, cuxos compoñentes básicos son améndoas, azucre e ovo. Entre as características que a definen está a forma redonda con cuberta de azucre glasé, onde figura a cruz da Orde se Santiago como sinal de identidade propia, un aroma típico a xema e améndoa e unha textura esponxosa e granulada.

A zona de elaboración das tortas amparadas pola IXP Tarta de Santiago abrangue todo o territorio da Comunidade Autónoma. Pola súa parte, o Instituto Galego de Calidade Alimentaria (Ingacal) será o órgano encargado do control e certificación para os produtos desta indicación.

A elaboración da Tarta de Santiago foi historicamente un proceso artesanal transmitido de xeración en xeración, que foi evolucionando en función do progreso tecnolóxico experimentado nos últimos anos para atender ás esixencias do mercado. As técnicas empregadas na fabricación tenden a obter produtos de máxima calidade, mantendo os carácteres tradicionais das tortas amparadas pola indicación xeográfica protexida.

Esta nova IXP será presentada a vindeira fin de semana nun Congreso especializado en alimentación (Forum Gastronómico), que se celebrará en Santiago de Compostela.
R.