Skip to main content

Las primeras imágenes de la película The Way, con Martin Sheen, llegan a los cines españoles

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia:

A película The Way, protagonizada polo actor norteamericano de orixe galega Martin Sheen e dirixida polo seu fillo Emilio Estévez, darase a coñecer a partir do venres día 5 de febreiro en cines de toda España. O tráiler coas imaxes do filme sobre o Camiño de Santiago exhibirase por vez primeira precedendo á proxección da longametraxe “Precious” no día súa estrea oficial e a acompañará no seu percorrido polas pantallas de cine de todo o Estado.

“The Way” conta co patrocinio da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e da Xunta de Galicia e foi producida por Filmax en colaboración con Elixir Films e coa participación da TVG. Rodada ao longo do Camiño de Santiago en setembro, outubro e novembro de 2009, a película narra a historia de Tom Avery, un reputado oftalmólogo que vive en California e un día recibe unha chamada desde Francia na que se lle comunica que o seu fillo Daniel faleceu nun temporal nos Pirineos. Desolado, Tom viaxa a Francia para recuperar ao seu fillo e descubre que Daniel comezara o Camiño de Santiago. Entón, decide facelo por el.

A película “The Way” inclúe escenas rodadas no interior da Catedral de Santiago, un feito considerado “un milagre” en palabras do propio Martin Sheen. Trátase da terceira vez que o actor traballa ás ordes do seu fillo Emllio Estévez. O reparto principal complétano a actriz canadiense Deborah Kara Unger, e os actores Yorick Van Wageningen, de orixe holandés, e o norirlandés James Nesbitt.

Fotografía: archivo GD (rodaje en Santiago)
R.