Skip to main content

Destilados 2.000 litros de augardente artesanal na XXXIX Festa da Augardente de Portomarín

Pola tarde, reuniuse na casa da Cultura de Portomarín o cabildo xeral da Orde da Alquitara para recibir doce novos membros, oito cabaleiros e catro damas. Ingresaron na orde o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao; o presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, Francisco Fernández Liñares, a parlamentaria Raquel Arias; os alcaldes de Sarria e a Pobra do Brollón, Claudio Garrido e José Luis Maceda; o membro do parlamento galego Agustín Baamonde; o escultor Luciano Pazos; a investigadora da estación enolóxica de Leiro e autora dunha tese sobre a augardente, Sandra Cortés; o empresario sarriano Raúl López; o secretario do PP de Galicia, Alfonso Rueda; a xefa de explotacións agrarias, Marisol Barreiro, e Estrella Pardo Fernández.de Portomarín

O Pregón da celebración foi pronunciado polo novo membro da Orde e presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, Francisco Fernández Liñares.

Os novos cabaleiros e damas participaron na tradicional cata da augardente nos soportais da casa consistorial coa posterior entrega de premios.

Foron premiados os augardentes de Adegas Portomarín, Adegas Pireiro, Adegas Barco, Adega Mañana e Adega Moreiras.

Puxeron o contrapunto musical á festa dsa augardente a Banda de Taboada e a agrupación folclórica Rio Miño de Portomarín, pechándose os actos cunha verbena e queimada tradicional.
R.