O Gastro Movida Summit 2024 amosará as capacidades da industria agroalimentaria de Galicia

A representante autonómica salientou que "as bases de Gastro Movida son moi sólidas e o seu potencial é inmenso, creo nas súas posibilidades de crecemento porque se adapta ao que Vigo é e ao que Vigo necesita, unha cidade na que a gastronomía tomou un papel protagonista nos últimos anos a todos os niveis". Ademais, apuntou que Vigo "ten todos os elementos necesarios para converterse no punto de referencia nacional para todos os profesionais do sector" e o evento é a "panca perfecta para difundir contidos de valor" da industria da gastronomía”.
Ana Ortiz estivo acompañada durante a presentación da vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, e do presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, ademais de algúns dos mellores cociñeiros da cidade, como Rafa Centeno, e representantes do CIFP Manuel Antonio e da escola Harina Blanca, entre outros.
O director de Gastro Movida, David Suárez, indicou que hostalería, produtores, distribuidores e profesionais doutras áreas expertos no sector estarán presentes nun congreso que “promove, por encima de todo, o networking real”, xa que se trata dun “punto de encontro para crear sinerxias e negocio entre empresas e organizacións”.
Pola súa banda, Luisa Sánchez, que puxo en valor “unha cita que, en tan só tres anos, xa se converteu nun imprescindible do calendario de congresos vigués e que, estou segura, ten un gran futuro por diante”. Na súa intervención, a vicepresidenta lembrou que a cidade ten “o mellor produto que existe e os chefs con máis talento”.
Gastro Movida Summit contará con 24 accións, showcookings, obradoiros de coctelería, competición de startups e máis de 80 relatores, entre os que destacan 5 chefs Estrela Michelín como Pepe Solla, de Casa Solla; Rafa Centeno, de Maruja Limón; Alberto G. Preclic, de Silabario, e Lydia del Olmo e Xosé Magalhaes, de Ceibe.
Tamén asistirán sumilleres de primeiro orde no panorama nacional como Tomás Ucha, de DiverXo (3 Estrellas Michelín); Ebelia Mora, de Pepe Vieira (2 Estrellas Michelín), Esther Daporta, de Yayo Daporta (1 Estrella Michelín), Estefanía Rodríguez Alves, de Culuca; ou Carlos Taboada, de Hotel Santo Mauro Madrid.
R.