Skip to main content

Galicia rexistrou este verán máis de 2,1 millóns de viaxeiros aloxados e máis de 4,7 millóns de noites, un 12,4% máis que en 2019

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, compareceu hoxe ante a Comisión 6ª do Parlamento para facer balance dos datos turísticos acadados este verán na nosa comunidade, onde Galicia bateu os seus propios récords históricos tanto no que se refire a turistas como a peregrinos.

Na súa intervención, Castro destacou que Galicia rexistrou máis de 2,1 millóns de viaxeiros aloxados e máis de 4,7 millóns de noites no conxunto dos aloxamentos turísticos galegos, cifras que superaron nun 12,4% a cifra de viaxeiros do ano 2019.
 
Destaca de todos eles o turismo interno -dos residentes en Galicia- que superan os niveis de demanda dos últimos anos, rexistrando 570.000 noites só no ámbito hoteleiro, -a cifra máis elevada da serie histórica. Marcan tamén dinámicas positivas os turistas procedentes de Madrid, Andalucía e Castela e León, con incrementos tanto en relación ao pasado ano como en comparación co 2019.

No eido da demanda turística, todas as tipoloxías superan os niveis de demanda do ano pasado. Neste senso, a maior parte da demanda corresponde aos establecementos hoteleiros, seguidos do segmento extrahoteleiro, que reúne aos apartamentos turísticos, aos cámpings, aos establecementos de turismo rural e aos albergues. O 62% da demanda turística corresponde aos establecementos hoteleiros e o 38% restante sitúase no segmento extrahoteleiro.
 
Estes datos permitiron que Galicia mellore en sete puntos o comportamento global do conxunto do Estado, situándose no grupo de comunidades con taxas de crecemento máis elevadas en relación aos niveis previos á pandemia.
 
Turismo internacional

O segmento internacional consegue igualar aos niveles previos á pandemia, e acada xa o 19% do total. Estes datos son consecuencia do bo comportamento rexistrado na temporada media e alta.
 
Todos os principais mercados internacionais superan os niveis de demanda do verán pasado -cando menos no ámbito hoteleiro- e tres conseguen situarse por encima das cifras de 2019. Son USA, cun 28%; Portugal cun 10%; e Francia, cun 2%. Ademais, Portugal no ámbito hoteleiro representa neste verán o 25% do total dos estranxeiros que se aloxaron en Galicia.
  
Os resultados do Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago vén de dobrar os datos do ano pasado e supera nun 32% o número de peregrinos do ano 2019. Neste senso, o volume de peregrinos dos españois consegue situarse por encima dos niveis previos á pandemia, do verán de 2019 –supera nun 58% o dato de hai tres anos-, para marcar así un máximo da serie histórica con preto de 153.500 compostelas no período estival, xa que nunca antes a Oficina de Atención ao peregrino rexistrara máis de 153.000 Compostelas durante o verán.
 
O 70% das Compostelas corresponden ao segmento dos peregrinos españois, que con máis de 107.000 marcan tamén neste verán un máximo da serie histórica. O 30% restante, con máis de 46.000 Compostelas, corresponde ao mercado internacional, cifra que supera en máis do dobre o dato do pasado ano, cumprindo así o obxectivo marcado este ano da recuperación do peregrino internacional

Todas as rutas de Santiago melloran non só as cifras do pasado ano senón tamén os niveis previos á pandemia, con maior intensidade os camiños de Inverno, Inglés, Portugués da costa e Primitivo, mantendo o camiño Francés a hexemonía no ámbito da peregrinación a Compostela, co 49% das compostelas entregadas. O mercado internacional consolida neste verán a recuperación que iniciara a principios de ano. O mercado internacional consolida neste verán a recuperación que iniciara a principios de ano.
R.