Inaugurada a exposición 'Camiñemos para parar', ao redor do Camiño de Santiago da man de Miguelanxo Prado e Rita Sabler
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/camino-cunchas.jpg)
Durante a súa intervención, a directora de Turismo de Galicia valorou positivamente a iniciativa, indicando que “o Camiño é un dos grandes atractivos para todo tipo de artistas. A riqueza das súas contornas, a arte que o rodea, a gastronomía e por suposto a amabilidade do pobo galego fai deste itinerario un espazo perfecto para levar a cabo calquera tipo de manifestación artística e dar a coñecer internacionalmente unha das xoias da nosa terra”.
A mostra, que se poderá ver durante todo o mes de novembro no museo das Peregrinacións en Santiago de Compostela, recolle as postais realizadas no Camiño de Inverno polo ilustrador galego Miguelanxo Prado e a xornalista visual norteamericana Rita Sabler.
No proxecto “Camiñamos para parar”, durante nove días de setembro, os dous artistas percorreron o Camiño de inverno, dende O Barco de Valdeorras ata Santiago. Armados coas súas acuarelas e papel, reflectiron nunhas ilustracións en forma de postais todo aquilo que lles chamou a atención durante a súa peregrinación, desde igrexas e edificios singulares ata pequenos detalles da paisaxe e da xente.
R.