Skip to main content

Amancio Prada ofrecerá catro concertos en espazos monumentais cun repertorio decidado á figura de Rosalía

A Xunta de Galicia impulsa este verán catro concertos protagonizados polo cantante e compositor Amancio Prada en espazos monumentais de Galicia. O ciclo, apoiado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades chegará aos concellos de Santiago de Compostela, Meis, Agolada e Noia.

Así, a primeira das citas terá lugar este sábado 27 na igrexa de San Martiño Pinario, onde o artista ofrecerá un recital dedicado por completo a vida e obra de Rosalía de Castro con poemas musicados como Adiós ríos, adiós fontes, Como chove miudiño ou Airiños, aires. Un día despois desta actuación, Amancio Prada volverá a subirse ao escenario no mosteiro de Armenteira, en Meis.

O ciclo continuará a seguinte semana, cando o recitar chegará a igrexa de Ventosa, en Agolada, e a de San Martiño de Noia. Todas estas citas terán lugar ás 21,00 horas e a entrada será libre ata completar o aforo.

O cantor dos poetas

Desde 1974, Amancio Prada ten musicado, cantado e gravado a obra da gran poeta galega Rosalía de Castro, cuxa obra coñeceu por primeira vez con 19 anos e vivindo en Castela e León. Ao longo da súa carreira ten musicado poemas de autores como Federico García Lorca, Álvaro Cunqueiro, Juan de la Cruz, Teresa de Jesús, Agustín García Calvo, Antonio Pereira, Juan Carlos Mestre ou Gustavo Adolfo Bécquer e actuado en diferentes lugares do mundo como Santiago, París, Barcelona, Granada ou Oviedo, entre outros.
R.