Skip to main content

O OUR FEST Xacobeo 22 situará a Ourense no epicentro musical o vindeiro 17 de setembro

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, sinalou á cultura, na presentación do OUR FEST Xacobeo 22, como un dos eixos dinamizadores do territorio; “máis aló da experiencia de gozar do espectacular directo de bandas consolidadas a nivel internacional, como Primal Scream, Belle & Sebastian, Metronomy ou The Big Moon; queremos amosar o impresionante patrimonio natural e inmaterial que temos. E esta serie de concertos é unha nova constatación de que Ourense é o escenario ideal para eventos de carácter internacional”.

O delegado territorial manifestou que o OUR FEST Xacobeo 22, enmarcado dentro dos actos Xacobeo 21·22 e da iniciativa concertosdoxacobeo.gal, presenta un cartel composto por bandas internacionais de recoñecido prestixio e propostas nacionais de primeiro nivel.

Gabriel Alén explicou que a Xunta deseñou un espectáculo disperso que quere dar protagonismo ao carácter global dun evento internacional como é o Xacobeo que se espalla por todos os recunchos de Galicia e que terá un importante retorno económico sobre o territorio como é o caso deste festival.

OUR FEST converterá a Ourense no epicentro da música cun cartel que aúna a bandas, como Primal Scream, Belle & Sebastian, Metronomy ou The Big Moon; e propostas punteiras a nivel nacional, como a de Julián Maeso Big Band que ofrecerá un concerto especial en formato Big Band. Os asistentes poderán gozar durante unha xornada moi completa de seis concertos que se prolongarán ata a noite, e no recinto dispoñerán de barras e zona gastro con diversas ofertas de restauración.

Esta primeira edición de OUR FEST Xacobeo 2022 está enmarcada en concertosdoxacobeo.gal, unha iniciativa que oferta música en directo de primeira calidade na que a cidade de Ourense súmase aos máis de 65 eventos por toda Galicia que se desenvolven entre os meses de maio e novembro de 2022. Máis de 300 bandas e artistas nacionais e internacionais de todos os estilos. Para todas as idades, para todos os gustos.

As entradas están xa á venda a través de www.ataquilla.com cun prezo especial de lanzamento de 30€ + gastos de xestión ata esgotar a cota. Máis adiante pasarán a custar 40€ (+ g.g.).
R.