A Xunta investirá na Catedral de Mondoñedo 6.500.000 Euros
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/obrasmond1.jpg)
No caso do presbiterio e murais da Catedral de Mondoñedo, sinalou que se trata da primeira dunha decena de actuacións que se desenvolverán ao longo dos vindeiros anos. Trátase de melloras que contan cun investimento de máis de 255.000€ de especial relevancia xa que os restos murais conservados contan cun gran valor.
Ademais destas actuacións, entre as que se porán en marcha ao abeiro do Plan Catedrais destacan a limpeza e consolidación das torres, a rehabilitación integral da parte sen uso do Pazo Episcopal para ampliar o museo ou a resolución das humidades que afectan a diferentes puntos do templo. Así mesmo dotarase ao conxunto catedralicio dun novo proxecto museográfico e restauraranse bens artísticos como os órganos.
Convenio coa diocese
No caso da igrexa do mosteiro de San Salvador intervirase na lanterna do cruceiro, que inclúe a desmontaxe e posterior montaxe do cupulino, a reparación de danos estruturais nas fábricas de cantería da nave lateral sur. Eliminaranse tamén filtracións de auga de chuvia a través da cuberta das naves laterais e se actualizará a instalación eléctrica.
No que se refire á igrexa de Vilares de Parga, en Guitiriz, as actuacións irán encamiñadas a restaurar o conxunto mural da nave central. Entre outras actuacións, limparase a superficie para devolverlle ao conxunto mural a uniformidade perdida.
Máis de 60 actuacións en todos os templos
Todos estes traballos están incluídos na estratexia autonómica de mellora e conservación do patrimonio que garante a súa preservación para as xeracións futuras. En concreto, o Goberno autonómico incrementará un 23% o investimento en 2022 no patrimonio.
Como declarou Román Rodríguez, dáse así un paso máis para que Galicia avance na protección dos seus bens máis senlleiros. En total, o Plan Catedrais, dotado con 38M€, recolle mais de 60 actuacións para asegurar a debida salvagarda e recoñecemento das catedrais de Mondoñedo, Lugo, Ourense e Tui, da antiga catedral de San Martiño de Mondoñedo en Foz e das concatedrais de San Xiao de Ferrol e de Santa María de Vigo.
R.