Skip to main content

O programa Primavera Xove ofrecerá opcións de ocio seguras para a xuventude galega

Nelas ofreceranse un total de 160 prazas, 20 por cada fin de semana, e poderán participar mozas e mozos de entre 14 e 17 anos. O programa é totalmente gratuíto e incluirá o aloxamento de venres e sábado, a manutención completa e unha variada listaxe de actividades.

A segunda das propostas de lecer que presenta o programa Primavera Xove consistirá en charlas formativas e inspiradoras nos campus universitarios a cargo de poñentes recoñecidos en diferentes eidos. Os contidos principais serán o emprendemento innovador, as redes sociais, a cultura e a educación emocional, entre outros. Poderán participar un total de 20 mozas e mozos de entre 18 e 30 anos en cada unha e levaranse a cabo todos os mércores de maio e xuño nos campus de Vigo, Santiago, A Coruña e Ourense a partir do próximo día 12.

Por último, ao longo dos venres vindeiros tamén se realizarán feiras nos 12 espazos xoves da Consellería de Política Social que se sitúan en Lalín, Pontedeume, Betanzos, Curtis, Ourense, Vilalba, Viveiro, Noia, Chantada, Vilagarcía, Carballo e Tui. Estes encontros, nos que participarán os institutos de cada zona, terán un aforo limitado e contarán con obradoiros de cultura urbana e actuacións musicais.

Feira de primavera en Pontedeume

O enderezo para enviar as solicitudes de participación en calquera destas actividades estará dispoñible desde hoxe mesmo na páxina web de Xuventude, onde tamén se poderá consultar a programación completa.

A directora xeral explicou que estas actividades levaranse a cabo respectando as medidas de prevención, seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19. Ademais, puntualizou, trátase dunha oportunidade única para garantir que a xuventude manteña un ocio seguro ao tempo que segue desfrutando de foros formativos, espazos de entretemento e coñecen espazos da xeografía galega.

Algunha destas actividades xa comezaron este venres, como é o caso das feiras Primavera Xove nos espazos xoves de Lalín, Pontedeume e Betanzos. Cristina Pichel achegarase esta tarde ao de Pontedeume para coñecer como se está a desenvolver esta actividade. Alí no día de hoxe realizarase unha charla en liña con Saúl Vérez co título “Visibiliza a túa marca e destaca grazas ao mundo dixital”. Tamén se farán obradoiros de impresión 3D e de danza moderna.
R.