A criminalidade en Galicia pecha o ano 2020 consolidando a mellor cifra da última década

A taxa de criminalidade en Galicia descende en paralelo á diminución de infraccións penais acumuladas. Entre xaneiro e decembro do pasado ano os casos coñecidos polos Corpos e Fozas de Seguridade en Galicia foron 80.024, un 7,9% menos que no ano 2019 (6.314 infraccións menos). Javier Losada salientou que da totalidade de infraccións penais, as cateogorías principais descenderon máis dun 18%: “falamos de delictos moi graves ou graves que provocan maior preocupación entre a cidadanía como os roubos con violencia ou forza, os homicidios, os delictos de tipo sexual e os furtos”.
En canto á tipoloxía dos delitos, o delegado do Goberno apunta que os maiores descensos dánse en roubos e furtos. Tamén diminúen os delitos contra a liberdade sexual e os homicidios que descenden máis dun 31%.
Pola contra, aumentan as infraccións penais de tipo económico. Javier Losada volveu advertir sobre o crecemento das estafas, principalmente as de tipo bancario e os delictos vencellados ao branqueo de capitais.
R.