Skip to main content

Xunta e sector acordan incrementar o aforo dos establecementos hostaleiros ao 50% a partir da próxima semana

Na xuntanza participaron ademais a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, así como representantes do Clúster Turismo de Galicia, da Asociación Provincial de Hostelería de A Coruña, da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería y Turismo de Lugo, da Federacion de Hosteleria de Ourense, da Federación Provincial de Hostelería de Pontevedra, da Asociación Hostelería Compostela, da Asociación de Empresarios del Camino de Santiago a Finisterre y Muxía e do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo.

Durante o encontro, realizouse ademais un seguimento do proceso de apertura e analizáronse as expectativas de cara a temporada estival. Segundo os representantes do sector, coa entrada de Galicia na fase 2 da desescalada retomaron a súa actividade preto do 50% dos establecementos de restauración e agárdase que nos próximos días se vaian incorporando novos negocios. No que respecta ás previsións nos negocios de aloxamento para o verán, constátase que neste momento a cifra de reservas supera xa a de cancelacións.
R.