Skip to main content

O turismo internacional acada en Galicia cifras históricas cun crecemento superior ao 10% en número de viaxeiros e de noites

Tamén está a ser positivo o turismo nacional, neste caso cun incremento dun 5% na súa demanda, rexistrando así máis de 7,9 millóns de noites, unha cifra récord nos primeiros once meses do ano.

O balance do INE constata tamén que, de xeito xeneralizado, está a ser positiva a evolución de todo o sector do aloxamento de Galicia, con incrementos da súa demanda turística nun 7,4% no que se refire aos establecementos extrahoteleiros, que inclúen apartamentos turísticos, cámpings e turismo rural; e cun aumento da demanda dun 5,7% no sector hoteleiro. Os niveis de ocupación tamén melloraron en todas as tipoloxías, cunha intensidade variable, para este período de tempo.

Desestacionalización

Estas estatísticas coñécense no mesmo día no que o INE publicou os datos do mes de novembro para a totalidade dos establecementos de aloxamento. Preto de 260.000 viaxeiros escolleron Galicia durante o mes de novembro, mes de temporada baixa, e realizaron máis de 538.000 noites. En termos globais, obsérvase un incremento da demanda no ámbito hoteleiro nese mes dun 1% e tamén no ámbito extrahoteleiro, neste caso cun incremento de preto do 9%, que en termos de volume supuxo a xeración de 2.600 noites.
R.