Skip to main content

A cifra de viaxeiros aloxados en turismo rural acada o seu máximo histórico tras medrar máis dun 68% nun lustro

Por outra banda, obsérvase unha redución no que se refire ao número de pernoitas no último ano, aínda que novamente se sitúa moi por riba dos datos acadados no período analizado. Se en 2013 o total de pernoitas en turismo era de 259.151, en 2018 rematou con 416.423, é dicir, un 61% máis.

Ao marxe destes aspectos cuantitativos, a Consellería de Cultura e Turismo, de man do sector, traballa na aposta pola calidade, en liña co modelo turístico xeral da Comunidade. Neste sentido, prepara un novo Plan Estratéxico de Turismo Rural, no que vén centrando importantes esforzos nos últimos meses para darlle un impulso decidido a esta modalidade de aloxamento, vinculada en especial a zonas rurais do interior e ao turismo mariñeiro.

Modernización de aloxamentos

Neste sentido, aspírase a aumentar os vínculos dos establecementos coa oferta e os recursos que cada xeodestino ofrece, a fin de xerar unha experiencia integral para o viaxeiro que afonde nos aspectos diferenciadores máis singulares de ditas comarcas.

Igualmente, os establecementos de turismo poderán beneficiarse das axudas previstas no Plan MAT de mellora de aloxamentos turísticos, aprobado no Consello da Xunta da semana pasada, e que contén numerosas subvencións de diversos departamentos autonómicos e actuacións complementarias para actualizar e renovar a oferta aloxativa da Comunidade.
R.