Skip to main content

A Deputación da Coruña recupera o ciclo “Noite de Cine”, que levará 150 proxeccións aos concellos da provincia

O ciclo de proxeccións cinematográficas ao aire libre “Noite de Cine”, volverá a percorrer os concellos coruñeses entre os meses de agosto, setembro e outubro.

Na programación destacan tamén as películas destinadas ao público máis novo, como “Gru 2. Mi villano favorito”, “Frozen”, “Monstruos University” ou “El alucinante mundo de Norman”, así como filmes en galego como “A lingua das bolboretas”, “A vida que che espera”, “Engurras”, “Vivir para sempre”, “O soño dunha noite de San Xoán” ou “A tropa de trapo”.

Completan a oferta cintas de gran éxito comercial nos últimos anos como “El mayordomo”, “Blancanieves”, “Avatar”, “Cadena de favores”, ou “Diana”.

A Deputación da Coruña destinará un total de 82.000 euros para financiar o 75% do coste deste ciclo de proxeccións cinematográficas ao aire libre, mentres que os concellos abonarán o 25% restante.

O ciclo comezará mañá mércores 19 de agosto en Sada, coas proxeccións de “Gru 2: Mi villano favorito” (21.00 horas) e “Gravity” (22.45 horas) na carpa ubicada no campo da festa, e continuará o xoves 20 en Muros, coas proxeccións de “Frozen” (19.30 h. San Francisco-Louro) e “Gravity” (22.30 horas, en Artón-Esteiro).

Outras datas xa confirmadas son as seguintes: Carnota (23 e 26 de agosto), Oleiros (25 e 29 de agosto e 3 de setembro), Zas (28 de agosto), Carral (2 de setembro), Mazaricos (4 de setembro), As Pontes (7 e 8 de setembro), Oza-Cesuras (10 e 20 de setembro), Ferrol (12 e 13 de setembro), Arzúa (25 de setembro).
Deputación da Coruña