Avatar de Pexegueiro fíxose co premio no Desfile Concurso de Entroido en Tui, cunha fiel representación da película James Cameron

Xa en carrozas levouse o terceiro premio o circo do Borraliño de Soutelo, e cuarto o dinosaurio de Pexegueiro con “A Caza do dinosaurio”, o quinto foi para as representacións dunha esfixie, e outros motivos exipcios de Luces de Tomiño, e o buda de os Budasmacanudos levouse o sexto premio en carrozas.
Xa en acompañamento musical o primeiro premio correspondeu a Avatar, o segundo foi para Cantos Somos e o terceiro para o Show de Luar.

Por último no premio especial de fantasía creado este ano Revolución Show de Tomiño levouse o galardóns pola súa fantasía indú.
Miles de persoas ateigaron as rúas novas de Tui para presenciar o paso deste Desfile-Concurso de Entroido que organiza anualmente a Concellería de Cultura. A boa climatoloxía con temperaturas moi agradables propiciou que numeroso público se achegase dende primeira hora da tarde a presenciar o paso das comparsas e dos grupos.

Todas as comparsas e grupos participantes deben acudir o próximo domingo ao Enterro do Bacallau que vai saír ás 19.30h dende a Praza de San Fernando.
Concellería de Cultura, Persoal e Facenda do Concello de Tui.