Fomento destina a Palas de Rei 400.000 euros para o Camiño de Santiago
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/palas_de_rei_camino_santiag.jpg)
O Proxecto do Concello de Palas que tras acadar tódolos informes favorables da Comisión de Patrimonio foi un dos 29 seleccionados pola Comisión Mixta do 1 por cento cultural que destina fondos para “actuacións de recuperación do Patrimonio histórico”.
O Concello Palense acolleuse a ley de Patrimonio Histórico de 1985 que establece axudas para que se destine a financiar proxectos de conservación e enriquecemento do Patrimonio Histórico destinado o 1% do Presuposto total das Obras do Ministerio de Fomento. A xestión que se comenzou a xestar a primeiros do 2008 parece chegar xa a bon fin. Neste senso o Alcalde Palense, o popular Fernando Pensado, entrevistarase mañan mercores con responsables da Xunta de Galicia para rematar de acadar o financiamento preciso para a execución da Obra. Cabe lembrar que o Presuposto total ronda os 536.000€ dos cales o Concello Palense deberá aportar 136.000€.
O rexedor Palense aprobeitará a súa visita a Santiago de Compostela para firmar varios convenios e tentar acadar da Xunta de Galicia a Financiación complementaria a este Proxecto.
Asimesmo, e según nos informa o Primeiro Tenente de Alcalde, Pablo José Taboada Camoira, en próximos días tamén se levarán a cabo xestións con responsables do IGVS para promover a Construcción de vivendas sociais en Palas de Rei.
Compre lembrar que o Concello Palense xa presentou varias iniciativas que ata o momento non se materializan en ninguna actuación. O Concello de Palas de Rei xa presentará o anterior Goberno da Xunta de Galicia unha oferta de terrenos que non tuvo resposta ata o momento por diferentes motivos.
Fernando Pensado mostraralle o Director Xeral de Vivenda, Antonio Bonet, as necesidades de Palas de Rei en materia de Vivenda Protexida.
Gabinete de Comunicación do Concello de Palas de Rei