Skip to main content

A USC organiza as xornadas Voluntariado e patrimonio histórico: As accións con voluntarios nos camiños de Santiago

No transcurso das xornadas, expertos de múltiples ámbitos tratarán cuestións relacionadas co Patrimonio Histórico Galego, pasando polas diferentes labores de recuperación do patrimonio desenvolvidas por distintas entidades. Ademais, explicaranse as diferentes colaboracións que como voluntario se poden desenvolver durante as actuacións deseñadas para o Xacobeo 2004 como son orientadores didácticos en exposicións temporais, orientadores turísticos nas actividades do Concello ou ecovixías nos Camiños.
Estas xornadas celebraranse no Salón de Actos do Colexio Maior Fonseca (Campus Sur) os días 26 e 27 de marzo e 2 e 3 de abril. A matrícula, con prazas limitadas, é de 20€ e a asistencia está recoñecida con 1 crédito de libre configuración. Os interesados poden recibir máis información na Oficina do Voluntariado, na Casa Simeón (Casas Reais, 8).
Gabinete Comunicación USC