Skip to main content

O festival Quincegotas volverá empapar o Castelo de San Antón de danza o vindeiro 4 de xuño

O domingo 4 de xuño, o Castelo de San Antón transforma pedra e herba en táboas e platea para que o corpo sexa o protagonista nesta nova edición, que promete un cartel inesquecible e emotividade sen límites nunha xornada continua moi especial.

Como cada ano, a entrada será gratuita até completar aforo, e os espectáculos, cuxos títulos e creadores permanecerán, polo momento, a bo recaudo, até a presentación oficial do programa desta oitava edición, preparan xa a súa posta en escena nunha contorna única, pensada para demostrar que a creatividade, a arte e a expresividade pertenecen a todos, e non entenden de contenedores.
Festival Quincegotas