Skip to main content

XV Festival Alternativo Millo Verde, a partir do 9 de xuño na praia de Cesantes (Redondela)

Coma todos os anos o cartaz caracterízase polo seu formato ecléctico onde dan cabida a grupos de estilos, culturas e ritmos do máis variopinto. Grupos como Newen Afrobeat (Chile), Fanfara Station (Italia) e La Phaze (Francia) poñen a nota internacional ao festival, ao cal se suman moitos máis artistas, completando gran parte do cartaz con artistas galegos e galegas (Pauliña, Youcanthide, As Fillas de Cassandra...) e a gran sorpresa da volta puntual aos escenarios dun dos grupos clásicos do panorama galego como Chotokoeu.

Moitísimas bandas máis forman parte deste festival que tamén van da man de numerosas actividades de día como o clásico Eskalabirras, Balonmán praia (organizado pola SAR), xogos para nenos e nenas co colectivo Artelixo, función de Circo co Mago Nono, Ioga e Baile africano entre outros.

Todo isto da man de numerosos colectivos da vila como Artelixo, Club de Balonmán SAR e a Asemblea Feminista Paxaretas, que dará cobertura durante todo o festival para asegurar un espazo libre de violencias machistas.
Asociación Millo Verde