Skip to main content

Arrinca a 5ª edición de 17° Ribeira Sacra Festival

Pero non será ata a tarde do venres a bordo do catamarán Ponte do Sil cando o público descubrirá ao artista do Concerto Sorpresa Cervezas Alhambra. Desta maneira comezará 17°Ribeira Sacra Festival 2021, cunha experiencia irrepetible, á altura de todo o que vivirán os asistentes os próximos 16, 17 e 18 de xullo nun territorio máxico como é a Ribeira Sacra.

Porque o que completa esta proposta cultural e culinaria é, sobre todo, o espectacular enclave no que se desenvolve. Os sete escenarios do festival destacan pola súa singularidade; as Bodegas as Regina Viarum, onde está situado o Escenario Xacobeo 21·22, o Miradoiro de Santiorxo e as impresionantes vistas do Escenario Momentos Alhambra, o catamarán de Ponte do Sil, Escenario Deputación de Lugo, a Reitoral de Gundivós, a fusión entre tradición oleira e vinícola; a Adega Vía Romana, os interminables xardíns do Eurostars Pazo de Sober e o Centro histórico de Chantada.

Nesta quinta edición, 17º Ribeira Sacra aposta por impulsar a oferta gastronómica grazas ao patrocinio de Cervezas Alhambra. Showcookings e maridaxes culinarias deseñadas por chefs galegos de referencia, como Carlos J. González, Juan Crujeiras e Lucía Freitas, será a responsable de deseñar a proposta gastronómica do festival que se poderá degustar nas zonas situadas en Regina Viarum e Eurostars Pazo de Sober.

“Misto Lucía Freitas” é a aposta da Chef con Estrela Michelin para achegar a súa visión a un festival que conta cunha gran traxectoria na promoción do equilibrio entre cociña tradicional e moderna co produto próximo e de calidade como fío condutor en cada unha das edicións.

17º Ribeira Sacra é moito máis que música, pero esta resulta fundamental. A proposta consolídase precisamente grazas a un cartel espectacular composto por artistas nacionais e internacionais: The Gift, Depedro, Silvana Estrada, The Excitements, Budiño & Novoa, Alberto & García, Bronquio, Ian Kay, Terrier, dani, Sofía Comas, Auto Sacramental, Ale e Rapariga dj. Ademais, esta quinta edición volve contar de novo cun invitado especial, Ángel Carmona.

Entre as actividades que se poderán desenvolver durante as tres xornadas do festival, destacan a cata inmersiva musical, a cata a cegas por parellas, o roteiro ao miradoiro de Pena do Castelo ou por primeira vez este ano, o festival contará cuns encontros que se poderán seguir a través da canle de Twitch do festival.

O festival chegará ao seu fin o domingo pola tarde cun evento Especial de Clausura co concerto de Ale, maridaxe da man do restaurante Ceibe con produtos de Galicia Calidade e cata de viños Vía Romana, e unha sesión DJ a cargo de Isaac Pedrouzo. Pero antes, durante a mañá, a xornada desenvolverase no Centro histórico de Chantada coa artista madrileña Sofía Comas e a viaxe polo universo que crearon Budiño & Novoa.

17º Ribeira Sacra conta ademais con servizo de autobús interno, que desprazará aos asistentes entre os diversos escenarios nos que se desenvolverá o evento. Todos os horarios de concertos, actividades e autobuses poden consultarse na web do festival.

PRESENTACIÓN FESTIVALES PARA UN TERRITORIO

17º Ribeira Sacra Festival e Esférica Rioja Alavesa comparten o elemento diferenciador de ofertar un evento cultural transversal que pon en valor o territorio onde se celebran. Maridando música, enoloxía, gastronomía, arte e patrimonio, unha experiencia completa para as persoas asistentes.Son Festivais para un territorio; desenvólvense baixo a mesma dirección, cun diálogo constante entre ambos os eventos

Unha aposta inigualable presentada en Madrid na que se abordou xa non só a creación de márca Festivais para un territorio, senón tamén o momento en que marcas como Cervezas Alhambra ou Pernod Ricard deciden apostar por este tipo de festivais. Durante a presentación, tanto Álvaro Trujillo como Hugo Pérez, Brand Managers de Alhambra, resaltaron o compromiso que desde Alhambra manteñen con experiencias de calidade como 17º Ribeira Sacra Festival e Esférica Rioja Alavesa.

A presentación finalizou coa actuación de Silvana Estrada, unha das artistas que actuarán este ano na quinta edición de 17º Ribeira Sacra Festival. Escoitala é confirmar a prolongación da tradición sonora mexicana cun novo aire pero sen desdibujar a súa esencia.

COMPROMISO CONTINUADO COA CULTURA

Galardoado en 2020 co “Best Small Festival” do noso país nos Iberian Festival Awards, 17º Ribeira Sacra Festival é xa un dos eventos imprescindibles do verán no norte peninsular.

Coas súas diferentes edicións, 17º Ribeira Sacra Festival quixo reinterpretar a personalidade do territorio a través de figuras nacionais e internacionais da música, a cultura, o viño, a gastronomía, o patrimonio… E en 2021, grazas a Cervezas Alhambra, esta quinta edición do festival contará cunha importante oferta gastronómica con experiencias e maridaxes culinarios da man de chefs Alhambra de prestixio e con presenza en diferentes escenarios e localizacións. Para a cervexeira, dentro da gastronomía, un dos principais ingredientes é o tempo e a Ribeira Sacra constitúe o mellor das contornas para gozala.
17° Ribeira Sacra Festival