Galicia rexistrou o mes de xuño máis frío desde o ano 1997, con temperaturas medias case dous graos por debaixo do habitual

Por todo isto xuño resultou en xeral un mes moi frío, especialmente nas zonas máis ao sur da comunidade, ata o punto de que hai que remontarse ao ano 1997 para atopar o precedente máis próximo cunha anomalía das temperaturas maior.
Polo que respecta ás precipitacións, xuño pode considerarse húmido no conxunto de Galicia, cun 16% máis de chuvia acumulada do agardado. En todo caso, os valores rexistrados nas estacións meteorolóxicas máis representativas da comunidade quedaron lonxe dos do ano pasado, xa que no mesmo período de 2018 chovera un 108% por riba do normal.
A tónica xeral ao longo de todo o mes foi o predominio das baixas presións asociadas á presenza de sucesivas borrascas no Atlántico. Isto traduciuse en moitos días anubrados, con temperaturas baixas e inferiores ao que cabería agardar nesta época do ano pero con poucas precipitacións.
O episodio máis salientable durante este período foi Miguel, unha borrasca moi profunda de tipo explosivo que pasou moi preto da comunidade a principios de mes. Os ventos asociados á mesma obrigaron a dar avisos de nivel laranxa e a entrada de aire frío viu acompañada de chuvascos que mesmo se manifestaron en forma de neve en zonas de montaña das provincias de Lugo e de Ourense.
MeteoGalicia