Skip to main content

Unha selección dos mellores viños do Ribeiro e tres prestixiosos grupos musicais daranse a man nas Burgas no Enofestival de 2018

Enfoestvial 2018 é un evento “no que apostamos pola cultura próxima e viva, e poñemos en valor o noso patrimonio, nun lugar emblemático da cidade como son as Burgas”, sinalou a concelleira de Cultura, Belén Iglesias.

O promotor do proxecto, Rubén Amorín salientou a calidade dos grupos participantes, e a subliñou a boa acollida que está a ter o festival entre o público e as adegas e colleiteiros, xa que unha vintena se interesaron en participar, seleccionándose entre elas as 6 que finalmente estarán presentes. Os viños que se degustarán son “unha mostra absolutamente representativa do que se está a facer hoxe no Ribeiro”, asegurou o presidente da Denominación de Orixe Juan Manuel Casares, quen valorou a implicación do Concello en “espallar cultura en manifestacións como a música e o viño”, e apostou por este tipo de maridaxes: “Ourense ten que vender viño e o viño ten que vender Ourense”.

As persoas interesadas poden obter máis información na web www.enofestivalourense.com. As entradas xa están á venda na páxina web Ticketea, no bar Trampitán e na tenda Peggy Records (10 euros na billeteira e 8 en anticipada)

En canto aos grupos, Cooper, cabeza de cartel, suma xa máis de 15 anos de prestixiosa traxectoria musical, con Álex Díez á cabeza, probablemente a personaxe máis representativa da escena mod nacional, líder de Los Flechazos, e autor de cancións que forman parte da historia do pop español. Presentarán novo disco: "Tiempo, Temperatura, Agitación".

ANAUT é unha banda madrileña ten editado xa tres álbumes (o último en 2018, "Hello there"), cun cóctel de influencias de soul, r&b, folk e rock, que o converten nun grupo de referencia a nivel nacional.

Completa o cartel os ourensáns MAD MISSION, cuarteto nacido a finais de 2014 cunha proposta de funk rock elegante con enérxicas voces soul, listos para ofrecer un vibrante espectáculo con ritmos impetuosos.
Concello de Ourense