Skip to main content

A plataforma Lecer, de Galicia Calidade, incorpora 12 novos establecementos turísticos e suma xa 38

O selo Galicia Calidade, dependente da Consellería de Economía Emprego e Industria, acaba de incorporar 12 novos establecementos turísticos dentro da marca Lecer, que agrupa establecementos de ocio, restauración e hostalaría con calidade certificada. Grazas a esta ampliación a marca de garantía conta na actualidade cun total de 38 hoteis, restaurantes, casas rurais e portos deportivos certificados.

Para o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, o camiño que agora traza Lecer responde “á necesidade de impulsar a calidade como elemento que marque a diferenza respecto doutros destinos turísticos”. Para logralo era necesario abrir o abano da tipoloxía da oferta de ocio a todos os actores que compoñen o paquete turístico galego.

Para impulsar a marca, Galicia Calidade desenvolveu un Plan de comunicación e marketing específico para as firmas acollidas en Lecer, que se basea na aplicación intensiva dos novas mensaxes e linguaxes co apoio das redes sociais e as aplicacións para dispositivos móbiles. Un reto que procura adaptarse aos novos modelos de consumo. Para Alfonso Cabaleiro, “o cambio máis importante ao que debemos dar resposta é o que levou o turista, o viaxeiro, o individuo, ao centro de todo o proceso turístico, a ser o protagonista do ciclo da viaxe”.

O plan de actuación de Lecer conta con catro obxectivos claros: xerar confianza e credibilidade na marca, conseguir maior visibilidade en medios, buscadores e redes sociais, mellorar a valoración de marca por agregación de oferta e chegar a un público máis amplo e diverso.

Lecer, que conta na actualidade con 38 establecementos adheridos, busca dirixirse aos novos turistas que, grazas ás redes sociais e á hiperconectividade que permiten as novas tecnoloxías, se teñen convertido en grandes líderes de opinión que, a través de círculos concéntricos de confianza, colocan ou expulsan do mercado un produto.

A imaxe da marca de Lecer e o seu propio nome están relacionados cun produto turístico concreto, o denominado turismo de experiencia en hoteis, restaurantes e casas rurais certificados, é dicir, o turismo destinado a unha vivencia positiva e pracenteira que logra converterse nun recordo indeleble.

Os establecementos certificados son os seguintes:

HOTEL BOSQUE MAR
HOTEL LOUXO LA TOJA
MESÓN A CEPA
HOTEL EGO
RESTAURANTE NITO
HOTEL SPA NANÍN PLAYA
HOTEL ROTILIO
CASA DE CACHEIRO
RESTAURANTE A MIRANDILLA
RESTAURANTE A TABERNA
RESTAURANTE O BARAZAL -PAZO ALMUZARA
RESTAURANTE A CARBALLEIRA
BAR BERBERECHO
RESTAURANTE CARMEN
EIRADO DA LEÑA
RESTAURANTE ESPAÑA
RESTAURANTE YAYO DAPORTA
RESTAURANTE LA POSTRERIA
HOTEL BLUE CORUÑA
HOTEL PAZO DE ALTAMIRA
CANTINA RÍO COVÉS
HOTEL CAMPOMAR
O CURRO DA PARRA
RESTAURANTE EL COTO
RESTAURANTE CORAL
HOTEL AUGUSTA SPA RESORT
RESTAURANTE FINISTERRAE LA TORRE
RESTAURANTE FINISTERRAE ACUARIO
RESTAURANTE O GRELO
BODEGUILLA DE SAN LÁZARO
BODEGUILLA DE SANTA MARTA
HOTEL MONUMENTO PAZO DO RÍO
RESTAURANTE EL REFUGIO
ASADOR VACAVELLA
RESTAURANTE CHICOLINO
PORTO DEPORTIVO XOÁN CARLOS I
BAR TAMARINDO
RESTAURANTE BIDO
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia