Turgalicia promociona en Portugal el Camino de Santiago y el conjunto de la oferta turística
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo, presenta ata o domingo 4 de marzo a oferta turística de Galicia e o Camiño de Santiago en Portugal, dentro da principal feira de Turismo do país veciño: a Bolsa do Turismo de Lisboa (BTL).
Nesta edición, Turgalicia acudirá cun stand propio de 108 metros cadrados no que se promocionará toda a oferta turística de Galicia e o Camiño de Santiago, que contará cun mostrador propio dentro do recinto galego.
Turgalicia presentará nesta ocasión os recursos turísticos galegos baixo o paraugas da marca Galicia, gárdasme o segredo?, que inclúe os produtos cabeceira de marca: Camiño de Santiago, Mananciais de Galicia, Bosques de Galicia, Patrimonio oculto, Paseando entre viñedos, Turismo mariñeiro, Ruta da Camelia, Santuarios máxicos, Faros e praias salvaxes e Lugares únicos.
Ademais, como novidade a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia difundirá entre o público asistente á feira o mapa de Xeodestinos de Galicia, no que se distribúen as 14 zonas turísticas do territorio galego.
Os portugueses son tradicionalmente o mercado emisor máis importante para a Comunidade galega. Así, no ano 2011, os turistas procedentes do país veciño supuxeron o 21,5 % do total dos estranxeiros que visitaron Galicia, un total de 171.909 persoas aloxadas en establecementos regrados galegos.
Ademais, o ano pasado, máis de 5,6 millóns de portugueses realizaron visitas sen pernoita –excursionismo- á comunidade galega, o que supuxo o 93,4% do total dos excursionistas que recibiu Galicia en 2011, segundo os datos de Frontur, do Instituto de Estudios Turísticos.

R.