Skip to main content

Unos 1.000 voluntarios participarán en el Xacobeo 2010 en el Plan de Atención al Peregrino

Así lo explicó el conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, quien indicó que este plan pretende "recoger toda la experiencia de los anteriores" -llevados a cabo en 1993, 1999 y 2004- y aplicar "novedades" tales como una mayor importancia de su carácter "preventivo". Además, en el plan quedarán integrados los programas de autoprotección relacionados con los actos y eventos que se desarrollen durante 2010 y se creará como nuevo organismo el Comité Asesor y el Comité de Seguimiento y Evaluación, integrado por representantes de la Xunta, la administración estatal, los ayuntamientos por los que discurre la ruta, el Arzobispado de Santiago y la S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

Entre los principales riesgos del Camino de los que la campaña de comunicación del Plan alertará a los visitantes están las incidencias viarias, en los tramos en los que la ruta atraviese importantes carreteras, así como los incendios forestales y las nevadas. Además, Protección Civil alertará a los peregrinos sobre el riesgo de deshidratación, insolación, heridas, desorientaciones o lesiones que pueden sufrir en el Camino y ofrecerá consejos útiles como mantener un ritmo constante durante la marcha, llevar calzado cómodo, ingerir agua frecuentemente, consumir alimentos energéticos y no apartarse de las rutas señaladas.

En el año 1993 llegaron a Galicia un total de 99.436 peregrinos, mientras que en el Año Santo 1999 la cifra se elevó hasta los 154.613 y en 2004 fueron 179.944, el 80 por ciento de los peregrinos optan por el Camino Francés para realizar su ruta. Hasta agosto de este año han pasado por Galicia un total de 110.236 peregrinos.

El objetivo de este plan es que los voluntarios proporcionen a los peregrinos atención continua in situ en situaciones de emergencia y en actos donde se prevea una gran concentración de personas. En concreto, el operativo, coordinado por el Centro de Atención ás Emerxencias 112, realizará actuaciones de vigilancia de las rutas, atención a los peregrinos en el camino y en grandes concentraciones e información a los visitantes, así como alerta en situaciones de emergencia y atención primaria a peregrinos heridos.

Para Alfonso Rueda, el Plan de Atención, que será convenientemente publicitado tanto en Galicia como en las comunidades limítrofes y el norte de Portugal, intentará que los voluntarios de las agrupaciones de Protección Civil "hagan lo que se espera de ellos en las mejores condiciones posibles", prestando una "atención voluntaria y eficaz" para que los peregrinos "hagan sus rutas sin sobresaltos". Para ello, y teniendo en cuenta la especial implicación de este departamento en las actuaciones del Xacobeo 2010, Alfonso Rueda anunció que el próximo año la Xunta realizará una aportación especial para las actuaciones de Protección Civil que casi triplicará la de este año, hasta alcanzar los 800.000 euros.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentaron o Plan de Atención ao Peregrino 2010, que prestará axuda continua aos peregrinos nos distintos Camiños e establecerá operativos de protección civil nos grandes eventos do Xacobeo 2010 nos que estean previstas grandes concentracións de persoas.

O conselleiro de Presidencia destacou a importancia deste dispositivo para atender aos auténticos protagonistas do Camiño de Santiago, aos peregrinos, aos que a Xunta de Galicia tratará de facerlles “máis doada” a súa viaxe. Así, tomando como punto de partida experiencias Xacobeas anteriores, o Plan de Atención ao Peregrino 2010 preséntase mellorado, áxil, dinámico e prestando o mellor servizo posible a todos os peregrinos.

Para a consecución deste obxectivo, Alfonso Rueda considerou fundamental a coordinación con outras administracións e institucións que interveñen no Xacobeo 2010, clave do éxito desta iniciativa. Neste sentido, gabou o esforzo de todos os implicados e moi especialmente das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil dos máis de 80 concellos polos que pasan rutas do Camiño de Santiago e que hoxe enviaron un representante a Santiago ao acto de presentación do plan.

O titular de Presidencia subliñou tamén a vontade da Xunta de recoñecer a labor dos voluntarios e o seu compromiso para reforzar o seu funcionamento e os medios materiais de que dispoñen. Así, explicou que, fronte aos 300.000 euros que o Goberno galego destinou ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil no presente exercicio, os orzamentos da Xunta para o 2010 recollen unha achega de 800.000 euros, repartidos entre a Consellería de Presidencia e a de Cultura.

O conselleiro de Cultura afirmou que “a execución do Plan, e a posta en marcha polo tanto dunha atención integral ó peregrino, non sería posible sen a axuda desinteresada de moitos galegos e galegas”. “O valor da achega das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil resulta para nós incalculable, os nosos voluntarios serán a imaxe por excelencia dunha Galicia acolledora e hospitalaria para o visitante”, engadiu.

“O Xacobeo constitúe un proxecto común, unha ilusión colectiva para todos. Sentimos moi próximo o calor do cidadanía e percibimos o entusiasmo por contribuír a facer deste ano unha ocasión memorable. O compromiso da Xunta de Galicia é o de responder ás expectativas dos galegos cun traballo rigoroso e entregado”, asegurou o conselleiro de Cultura e Turismo.

O Plan de Atención ao Peregrino recolle a creación de Grupos de Protección Civil de Atención ao Peregrino (GPCAP) constituídos fundamentalmente polos voluntarios destas agrupacións dos concellos por onde discorren as rutas xacobeas; así como persoal profesional ou voluntario que, de xeito puntual, se ingrese neles. Estes grupos executarán as accións necesarias para dar unha resposta, no ámbito da protección civil, aos peregrinos e estarán presentes nos puntos do Camiño que requiran de maior atención.

Entre as funcións dos GPCAP atópanse informar ao Centro de Atención ás Emerxencias 112 a tempo real -incidencias, solicitudes de axudas, etc.-; colaborar na prevención apoio e cobertura en grandes eventos e concentracións humanas derivadas dos actos do Xacobeo 2010; e colaborar coa dirección do Plan nas accións que dentro das súas funcións se lles encomenden. Cada grupo estará integrado por un mínimo de dúas persoas e estará dirixido polos Servizos provinciais de Emerxencias e Interior e o persoal técnico de Protección Civil e Emerxencias da Xunta.

No relativo aos servizos específicos que prestarán estes grupos, destacan a inspección dos camiños comprobando o seu estado de conservación e mantemento, a información das deficiencias detectadas, a orientación dos peregrinos, a atención en primeira instancia de feridos e lesionados de carácter leve ou a colaboración na busca e rescate de peregrinos.

O ámbito de actuación do Plan de Atención ao Peregrino abarca as distintas rutas xacobeas que discorren por territorio galego, a cidade de Santiago de Compostela e as grandes aglomeracións en eventos relacionados co Xacobeo 2010. O dispositivo, que estará dirixido polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, contará cun comité asesor no que se integran os distintos departamentos da Xunta con participación ou competencia no Xacobeo, como os concellos por onde pasa o camiño, a Administración xeral do Estado en Galicia, a Axencia Galega de Emerxencias, o Arcebispado de Santiago e a sociedade de xestión do plan Xacobeo.

R.