Skip to main content

La Fábrica Nacional de la Moneda y Timbre acuñará una moneda conmemorativa del Xacobeo

La Secretaría de Estado de Economía ha confirmado que realizará una moneda en plata conmemorativa del Xacobeo 2010. La solicitud fue realizada por la S.A. de Xestión del Plan Xacobeo y Compostela Monumental, según informó esta última en un comunicado.
La Fábrica Nacional de la Moneda y Timbre elaborará con este motivo una pieza denominada de 8 reales, frente a la pretensión de los solicitantes de que fuese la de 2 euros, aunque ésta corresponderá el próximo año a la Mezquita Catedral de Córdoba como Patrimonio Mundial de la Unesco.

Nota de prensa de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela e o director xeral de Promoción e Difusión Cultura, Francisco López presentaron en Ourense as liñas estratéxicas da Consellería en materia de cultura que servirán de marco de actuación para a Consellería na presente lexislatura. Nesta declaración de ámbitos de traballo, o conselleiro estableceu tres puntos básicos como levar o patrimonio e a cultura tanto ao contexto educativo formal como ao non formal, xa que “a sustentabilidade cultural e patrimonial comeza na educación”; crear, programar e producir para o mercado galego, xa que “o galego é o gran patrimonio cultural de Galicia e non se pode desligar das súas obras artísticas e culturais”; e a busca de novos mercados no exterior, “apostando decididamente por unha cultura mais aberta, innovadora e exportable que non renuncie á identidade e orixinalidade creativa”.

Roberto Varela apuntou na presentación das áreas de acción que a “inversión en cultura é unha inversión que ofrece rendibilidade social” e situou a planificación para o ano 2010 nun “reequilibrio territorial entre o medio rural e urbano”. O conselleiro baseou a estratexia do departamento na consecución de que a cultura galega “sexa imaxe de marca de Galicia no exterior e que dote a calquera produto ou servizo cultural galego dun valor intanxible que lle confira a simpatía do público potencial”.

Para acadar esa imaxe de marca sólida da cultura galega e facilitar o acceso do público ao produto galego, Roberto Varela sinalou necesario un “redeseño da estratexia xerencial e de mercado” e a posta en marcha de “economías de escala e a adaptación e emprego estratéxico das novas tecnoloxías”. Asemade o conselleiro apuntou cara o diálogo e a cooperación entre “axentes culturais, institucións, administracións e industrias”como a base deste camiño e reiterou o compromiso da Consellería de Cultura e Turismo á “negociación e á procura de consensos”. Para o conselleiro este consenso entre todas as partes é indispensable para “rematar coas subvencións ás industrias culturais e comezar a falar, con propiedade, de industrias culturais seleccionando cun criterio de calidade, rendibilidade e excelencia artística o que se produce e edita”.

Como primeiras medidas e co fin de “consolidar unha estrutura loxística apropiada para cada sector produtivo das industrias culturais” o conselleiro nomeou o “Plan de ensinanzas artísticas e profesionalización” destas industrias, en colaboración coa Consellería de Educación máis unha análise da presenza cultural de Galicia por zonas de influencia e a proposta de medidas de fomento para a difusión exterior da produción cultural galega en asociación con IGAPE.

A estratexia de promoción e difusión cultural esquematizarase nos próximos anos, segundo conselleiro e director, en seis principios de actuación coas súas respectivas áreas de traballo, obxectivos e programas.

A primeira área presentada polo conselleiro foi “Cooperación cultural”, que desenvolve unha parte fundamental do labor de promoción de difusión da cultura a través da colaboración cos concellos –Programa de cooperación con entidades públicas e concellos- e coas asociacións culturais –Programa de colaboración con entidades privadas e asociacións culturais-. O incremento da calidade e versatilidade do sistema bibliotecario procurarase a través do Programa de mellora da infraestrutura bibliotecaria e do Programa de animación a lectura recollidos na área “Bibliotecas e fomento da lectura”. A “Promoción da nova creación” é un principio de acción que traballará no “deseño de iniciativas que permitan abrir unha política clara de apoio á creación máis contemporánea” e bifurcarase nos programas de promoción da banda deseñada e de axudas á creación.

Dous programas –Apoio ao sector do libro e Promoción da produción cultural- vertebran o principio de acción “Apoio ao sector cultural” no que se procura colaborar co sector como ámbito estratéxico. A sexta área, “Planificación e xestión”, posuirá como obxectivo prioritario mellorar a calidade e a eficiencia do servizo público a través de iniciativas de información, planificación, xestión e desenvolvemento normativo xa que necesitamos “instrumentos de observación que nos permitan planificar o noso traballo en función de datos obxectivos e comprobar o impacto das nosas accións para introducir cambios na acción pública” en palabras do conselleiro.

No vindeiro ano, ademais de potenciar as accións que xa se veñen realizando a prol do libro e da animación a lectura, deseñouse, ao abeiro do Ano do Libro e da Lectura, unha programación variada concibida para conseguir unha maior visibilidade do libro e achegalo a toda a cidadanía. Aínda aberta a novas iniciativas e cun orzamento previsto de 2.850.000 euros, a programación inclúe proxectos de animación cultural, congresos e conmemoracións, actividades de promoción e difusión do libro, fomento da lectura e a escrita, así como iniciativas para a mellora da xestión pública do libro e as bibliotecas.

Todas as áreas estratéxicas presentadas, cobren algún punto do que será o evento estrela da dirección xeral para 2010. Nembargante, o cuarto principio de acción, “Difusión da cultura”, engloba a práctica totalidade da celebración do Ano do Libro e da Lectura ao seres un espazo destinado a “espallar a nosa cultura, darlle visibilidade aos nosos creadores e prestixiar o seu exemplo”, segundo o conselleiro.

Este principio constrúese a partir de tres programas de actuacións: o Programa de actividades da celebración do Ano do Libro e da Lectura –organizado en cinco apartados: Animación cultural, Congresos e conmemoracións, Promoción e difusión do libro, Fomento da lectura e da escrita e Xestión do libro e bibliotecas-, o Programa de difusión da cultura galega –encargado de promover celebracións como o Día das Letras Galegas, Día Internacional do Libro e Día de Rosalía- e o Programa cultural da Dirección Xeral –cunha dimensión especial nos actos organizados polo Xacobeo e na programación do CGAC-.

O conselleiro de Cultura e Turismo, finalizou asentindo que as “liñas estratéxicas sobre as que imos traballar nos permitirán abordar o noso labor desde unha perspectiva máis integral que incide sobre as áreas de promoción e difusión dunha cultura que queremos que sexa o reflexo dunha sociedade orgullosa da súa identidade e rica en diversidade”.
R.