El Festival de Música Via Stellae prepara el Xacobeo 2010 con más de un centenar de conciertos en 38 localidades gallegas
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Innovación e Industria organiza un ano máis, a través da SA de Xestión do Plan Xacobeo, o Festival de Música de Compostela e os seus Camiños, Via Stellae, que chega á súa cuarta edición cun cartel de referencia en toda Europa. Así o subliñou o conselleiro de Innovación e Industria, o nacionalista Fernando Blanco, quen presentou este a nova programación do festival como un chanzo máis de cara á edición especial de 2010, da que avanzou algunhas novidades. O Via Stellae, que se desenvolverá de novo no mes de xullo, conta cun orzamento de 1,3 millóns de euros e contempla máis de 100 concertos en 38 vilas e cidades dos oito camiños, con centro en Santiago de Compostela. Os lugares que acollerán os concertos abranguen auditorios, teatros e edificios singulares como igrexas, mosteiros e recintos de valor arquitectónico do Camiño, contribuíndo á difusión do seu patrimonio.
Segundo informou o conselleiro de Innovación e Industria, o programa do Via Stellae 2009 é moi variado, con música sinfónica e de cámara, ópera, música sacra e profana, concertos, recitais, música coral ou teatro. Nesta edición renóvase a colaboración con directores como Marc Minkowski ou Rinaldo Alessandrini, aos que se unen novas agrupacións, orquestras e directores como a Orquestra do Século das Luces, a Orquestra de cámara de Basilea, e Laurence Cummings, entre outros. Moitos deles, salientou Fernando Blanco, ofrecen concertos únicos no Estado ou preparados en exclusiva para o festival. A nómina de cantantes tamén é ampla e de primeira orde, con nomes de sona mundial como Vesselina Kasarova, Philippe Jaroussky, Sandrine Piau ou Danielle de Niese.
O barroco continúa a ser o fío condutor do festival, pero a programación enriquécese co clasicismo, a música antiga, o romanticismo e a música contemporánea. Ademais, 2009 conmemora o 250 aniversario do pasamento de dous dos máis grandes compositores da historia da música: Haendel e Haydn. Blanco destacou entre os concertos dedicados a estes compositores a estrea en Galicia de dúas óperas de Haendel en versión de concerto, Xullo César e Ariodante, así como o concerto inaugural dedicado a Haendel e o de clausura con Haydn como protagonista.
O Festival de Música de Compostela e dos seus Camiños presenta este ano unha novidade no seu programa, o “OFF Stellae”, 4 concertos cunha programación máis aberta en contidos musicais, visións artísticas e espazos para a celebración dos concertos. Poderán escoitarse nun mesmo concerto cancións barrocas xunto ás de cantautores do noso tempo e asistir a un concerto nun mercado, en concreto a praza de abastos de Compostela. Por outra banda, continúase este ano con iniciativas ben acollidas, como os “Concertos Express”, 16 sesións de 30 minutos de música en claustros de Compostela, “Música e Arte”, con 9 concertos e visitas guiadas a espazos singulares como o mosteiro de Poio e as igrexas de Allariz e Santiago; e o “Via Stellae 20/21”, ciclo de música contemporánea con clásicos do século XX, as vangardas e creadores galegos actuais que recolle varias estreas mundiais. Os centros de arte contemporánea de Santiago, Vigo e A Coruña acollerán estes concertos.
Na pasada edición o festival colaborou con grandes discográficas que recentemente editaron as gravacións realizadas durante 2008. Na presente edición, o conselleiro explicou que outras compañías de prestixio gravarán concertos inéditos de Vivaldi, obras de Matteis ou do compostelán Manuel Vilas, do que se rexistrará o 2º volume do Manuscrito Guerra. A Consellería de Innovación e Industria garante a accesibilidade ao festival con entradas e abonos a prezos populares e máis do 90% de concertos con entrada libre. Fernando Blanco considerou que se poderán superar as 25.000 persoas que asistiron o pasado ano aos concertos, cifra que se pode cualificar, segundo dixo, como un éxito.
Por último, Blanco avanzou algúns detalles da edición especial do Via Stellae que está a preparar o seu departamento para o vindeiro ano Xacobeo. O obxectivo, dixo, é facer un proxecto aínda máis grande, dobrando o orzamento e traendo a figuras de primeira orde mundial, como o director Daniel Baremboim. Aumentarase até 7 o ciclo de grandes concertos, dedicados a Mahler, Vivaldi ou a música acuática de Haendel. Haberá máis actividades, chegando a todas as localidades de todos os camiños de Santiago, e logrando que nas vilas se realicen miniciclos de 2 ou 3 concertos que superen o concerto puntual e logren asentar as actividades.
A novidade do Via Stellae 2010 será un ciclo de músicas sobre Galicia, Santiago de Compostela e a súa relación cos camiños, con 5 proxectos entre os que salientan a estrea moderna mundial da ópera “La birba”, música nas catedrais galegas e un coro inglés sobre o Camiño Roncesvalles-Santiago. O resto das seccións habituais do festival continuarán e intensificarán a súa programación e, se cabe, dixo o conselleiro, a súa calidade. Fernando Blanco explicou que en 2010 a Consellería de Innovación e Industria pretende que os Camiños de Santiago acollan unha gran festa musical, rigorosa e asentada como un novo xeito de entender a difusión musical e cultural na nosa terra. O Xacobeo 2010, afirmou, é unha oportunidade única para a promoción a nivel mundial de Galicia e o Via Stellae, co seu prestixio e calidade, debe contribuír a unha celebración única, que sexa espello do que o noso país pode ofrecerlle ao mundo.

R.