Cunchiña, a mascota virtual do Xacobeo, acompañará ao líder de 'La Vuelta 21' no seu percorrido cara a Galicia
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/cunchina.jpg)
Coa réplica en peluche de Cunchiña para La Vuelta 21, a Xunta quere aproveitar o reclamo que supón a competición deportiva para a promoción do Xacobeo 21-22 e o Camiño de Santiago, xa que se trata dunha oportunidade única para dar a coñecer a súa paisaxe, o seu patrimonio e a súa gastronomía.
A primeira das etapas en Galicia será o 3 de setembro, cun percorrido que atravesará a Ribeira Sacra por Monforte, Lugo e Sarria. Ao día seguinte, o pelotón percorrerá as Rías Baixas polos concellos de Sanxenxo, Pontevedra, Redondela, O Porriño, Baiona e Mos, para rematar no alto do Castro de Herville. O último día, os corredores sairán de Padrón para rematar a competición en Santiago de Compostela, meta de La Vuelta 21 e de todos os Camiños.
R.