Skip to main content

Publicada a guía 'Sendas para descubrir un país' como proposta de sendeirismo que inclúe 122 camiños homologados

Polo que respecta a cada un dos sendeiros, este folleto turístico dedícalle dúas páxinas nas que se fai unha descrición do seu trazado con fotografías deste.

Tamén se inclúe un mapa de situación a escala, así como as coordenadas do inicio e o final da ruta.

Por outra parte, explícanse as características máis salientables do sendeiro, así como os servizos dos que dispón, as conexións con outros camiños homologados e a información MIDE.

Este folleto, pódese descargar ou consultar en PDF desde a web www.turgalicia.es e máis adiante contará cunha versión impresa en varios idiomas.

Sendegal

A información deste folleto, pódese complementar coa aplicación para teléfonos intelixentes Sendegal, realizada por Turismo de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Montañismo.

Esta aplicación constitúe unha nova ferramenta para promocionar o sendeirismo e o turismo de natureza, utilizando as tecnoloxías dos teléfonos intelixentes .

A aplicación pódese buscar nas bibliotecas ou app stores e pode descargarse gratuitamente. A información proporciónase en galego, en castelán e en inglés, de xeito que o usuario opta polo idioma que prefira dende a primeira pantalla de presentación.

Nesta pantalla o usuario pode atopar información sobre os roteiros homologados en Galicia, ademais dunha serie de consellos que facilitarán a experiencia ao camiñante como información sobre sinalización, sobre o significado das balizas e das frechas ou sobre as clasificacións de sendeiros, de gran percorrido, de pequeno percorrido, variantes e derivacións.
R.