Skip to main content

Máis de 107.000 viaxeiros rexistraron os seus datos de contacto nos primeiros días de vigor da norma

O resto dos casos corresponden a viaxeiros doutros países con risco epidemiolóxico menos elevado que os anteriormente citados ou a viaxeiros que se rexistraron voluntariamente, xa que proveñen de comunidades autónomas e países que non son de declaración obrigatoria.

A Consellería de Sanidade lembra que todos os viaxeiros que cheguen a Galicia, tras permanecer dentro do período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que posúan unha incidencia epidemiolóxica 3’5 veces superior á de Galicia, deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias. Esta norma é de obrigado cumprimento, independentemente de que os viaxeiros residan na nosa comunidade ou non.

As persoas que visiten Galicia, teñen vintecatro horas desde a súa chegada para comunicar os seus datos de contacto, un trámite que terán que realizar cada un dos viaxeiros. A lista dos territorios cuxa incidencia epidemiolóxica requira desta obriga, pode consultarse na web do Sergas e será actualizada quincenalmente.

Como facilitar os datos de contacto

Para proporcionar esta información, pódese cubrir o formulario que esta dispoñible na web https://coronavirus.sergas.gal/ ou subministrar os datos chamando ao teléfono 881 00 20 21. A opción máis sinxela é facer esta inscripción online. Os residentes en Galicia deberán deixar sen cubrir no formulario a data de saída de Galicia.
A opción da chamada telefónica está prevista para as persoas que non teñan acceso a internet, aínda así reforzáronse os servizos e de atención telefónica e incorporáronse máis liñas.

A todos os viaxeiros facilítaselles un contacto por se tivesen algún tipo de sintomatolo-xía, ben a través do seu médico de cabeceira se son residentes con tarxeta sanitaria en Galicia, ou a través do número de teléfono anteriormente citado para aqueles que non dispoñan dela. Tamén se lles proporciona información e recomendacións sanitarias e poderán adoptarse as medidas de seguimento, recoñecemento e control que se conside-ren necesarias. Así, por exemplo, no caso de persoas que veñan de territorios cun risco máis alto, independentemente de que teñan sintomatoloxía ou non, podería promoverse a realización dunha proba diagnóstica.

Cómpre destacar que a atención que se considere necesaria polos profesionais do Servizo Galego de Saúde, non terán custo para as persoas que a precisen, incluíndo a reali-zación de probas diagnósticas ou, no seu caso, dos tratamentos indicados.

Os establecementos de aloxamento turístico están obrigados a informar desta medida aos seus clientes; así como os responsables de axencias de viaxe, operadores turísti-cos, compañías de transporte aéreo ou marítimo e outros axentes similares ao incio do proceso de venda dos billetes. Así mesmo deben facelo ás empresas que despracen aos seus traballadores por motivos laborais.
R.