Skip to main content

A Asociación galega Músicas ao Vivo presenta a programación completa de A Coruña Respira Música

As actividades previstas entre o 10 e o 15 de decembro contan co apoio económico do Concello da Coruña e o seu obxectivo é ofertar unha serie de actividades dirixidas aos músicos e músicas da cidade e da súa area metropolitana para contribuír á súa formación e darlle unha visión global sobre o sector musical e os seus retos no presente e no futuro.

Este plan de promoción e produción para músicos e músicas contará con actividades abertas ao público. Están confirmadas unha serie de clases maxistrais, charlas formativas, “speed meetings” entre músicos e programadores, doce concertos e a inauguración da exposición Soundtrack sobre fotografía musical. Ademais dunha visita guiada pola exposición, impartirá unha charla sobre a importancia da imaxe para os artistas.

Todas as actividades son totalmente de balde. Para as clases maxistrais e os “speed meetings” debe realizarse inscrición previa a través de comunicacion@musicosaovivo.com e o espazo principal de celebración será o Centro Cívico da Cidade Vella (Rúa Veeduría, 2). No resto indicaremos o lugar de celebración na axenda que vai a continuación.

Plan de actividades A Coruña Respira Música

Luns 10 de decembro

17h - 18h15.- Músicas Ao Vivo. Presentación da asociación MAV, da sección da Coruña e da Cooperativa de Músicas. Formación sobre contratación, altas na seguridade social outros trámites burocráticos.
Intervirán compoñentes da Xunta Directiva, da seción MAV Coruña, así como o xerente Manuel Alonso.

18h30 - 19h45.- Mesa redonda. A importancia dos vídeos nunha carreira musical: vídeos de directos, videoclips e vídeos para redes sociais.
Intervirán: Bea Camiña de Produtriz Comunicación; Nuria Foz, creadora de contidos audiovisuais / Mulleres Galegas Kañeras; e Belén Montero e Juan Lesta da produtora Esferobite.

Martes 11 de decembro

11h - 13h30.- Clase maxistral: Xabier Díaz. Técnicas de pandeireta para o repertorio tradicional cantado. Un repaso polos diferentes ritmos e técnicas asociadas ao canto, articulación, independencia, tempo e diferentes patróns rítmicos.
Prazas limitadas. Inscrición en comunicacion@musicosaovivo.com.

17h - 18h30.- Obradoiro formativo MAV. Elaboración de rider técnicos. Consellos prácticos para as probas de son e durante os directos.
Imparte: Diego Basadre, técnico de son de Ses, entre outros artistas.

17h - 18h30.- Clase maxistral: Narci Rdoríguez. A técnica do beat box e outras técnicas de expresión vocal.
Prazas limitadas. Inscrición en comunicacion@musicosaovivo.com.

19h - 21h.- Sesión de “speed meetings” entre artistas, managers e programadores na Sala Garufa. Todas as feira profesionais dan a posibilidade de ofertar a profesionais que programan en salas, festivais, Concellos… Actuacións nun espazo moi breve de tempo que se debe optimizar para acadar contratos.

Contamos coa presenza de programadores de salas (Aturuxo, Super 8…) e festivais como o Son Rías Baixas, PortAmérica, entre outros. Dirixido a artistas locais e managers de bandas locais que desexen participar.

Prazas limitadas. Inscrición en comunicacion@musicosaovivo.com.

Mércores 12 de decembro

11h - 13h30.- Clase maxistral: Luis Pastor. Composición de cancións.
Prazas limitadas. Inscrición en comunicacion@musicosaovivo.com.

17h - 18h15.- Obradoiro formativo MAV. Planificación estratéxica para bandas e artistas.
Imparte: Patricia Hermida: manager de Agoraphobia, Heredeiros da Crus…

18h15 - 19h30.- Mesa Redonda. Como chegar aos medios de comunicación co teu proxecto musical. Como aproveitar ao máximo as oportunidades nunha entrevista.
Intervirán: Patricia Godes, xornalista eldiario.es e M21 Emisora Municipal de Madrid, e escritoria; Carlos Crespo, suplemento fugas de La Voz de Galicia; e Pepe Cunha. Responsable de Ábrete de Orellas /web e programa radiofónico). Premio Martín Códax ao Mellor proxecto de comunicación 2016 e 2018.

20h00 - 21h.- Entrevista aberta no arufa Club cos Premios Honoríficos dos Premios Martín Códax da Música Galega: Xoán Piñón e Quique Alvarado. Mención especial a Antonio Cruz Arévalo “El Peri).

Xoves 13 de decembro

11h - 13h30.- Clase maxistral: Sumrrá e Inés Portela (representante da banda). Jazz, improvisación e xestión de actuacións a nivel nacional e internacional.
Prazas limitadas. Inscrición en comunicacion@musicosaovivo.com.

17h - 18h15.- Mesa redonda. O Estatuto do Artista. A súa importancia no futuro das diversas profesións artísticas.
Intervirán: Berta Ojea, de Unión de Actores-Vogal de Igualdade; Carlos Ares, Presidente da Academia Galega do Audiovisual; Xacobe Martínez Antelo, representante de MAV na Plataforma de seguemento do estatuto.

18:30h.- Inauguración na Casa Museo María Pida da exposición fotográfica “Soundtrack” de Juan Pérez Fajardo. Exposición que recolle retratos de grandes artistas nacionaios e internacionais. Visita guiada co autor.

19h 20h.- Charla de Juan Pérez Fajardo sobre a importancia da fotografía nunha carreira musical e as características que debe ter unha boa sesión fotográfica de estudio e de directo.

Venres 14 de decembro

17h - 18h.- Mesa redonda. Salas de concertos e festivais. A convivencia (im)posible?
Participarán: Nuria Varela, sala O Con do Moucho (Illa de Arousa) e Pepe Doré, da sala Garufa Club e Vicepresidencia da Asociación Galega de Salas privadas de Música ao vivo, Clubtura.
Participarán: Manu Araújo dos festivais Arteficial (Rivadabia), Vive Nigrán (Nigrán), UkPDAY (con Gato Cósmico en Rivadabia), Ribeiro Blues & wine… E un representante do Festival de Pardiñas, Asociación Cultural Xermolos.

18h15 - 19h30.- Mesa redonda. Políticas públicas de apoio ao sector da música desde diversas administracións. O Turismo Cultural e a súa importancia estratéxnica na cidade. Festival Noroeste Estrella Galicia e redes culturais.
Participarán: José Manuel Sande, Concelleiro de Cultura do Concello da Coruña, Representante da Sección de Cultura da Deputación da Coruña, e Lanzada Calatatud, Xerente do Consorcio de Turismo de A Coruña.

Sábado 15 de decembro

“Rúa Cega pero non xorda”. Homenaxe a Discos Portobello e Jazz Filloa, ambas fundadas en 1980 na mesma rúa que continúa.

13h.- Pasarrúas Musical a cargo de Revival Stompers (Swing). Saída do Palco da Música nos xardíns Méndez Núñez. Percorrido pola Rúa Real, Barrera e fin en Rúa Cega.

14h.- Discurso homenaxe e descubrimento da placa conmemorativa. Romería e festa con música e empanada.
R.