Máis do 80% das 507 zonas de baño de Galicia teñen unha clasificación sanitaria excelente
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/praias.jpg)
Cando unha zona de baño obtén durante cinco tempadas unha clasificación insuficiente, é eliminada do censo, solicítaselle ao concello que coloque un cartel de prohibición permanente do baño e Saúde Pública deixa de facer analíticas. Para poder volver ao censo, o concello ten que presentar unha nova solicitude xunto cun informe que xustifique que os problemas que causaban a contaminación están arranxados. A inclusión de novo desa zona de baño no censo oficial comunícase pola Consellería de Sanidade ao Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, para a súa remisión a Axencia Europea de Medio Ambiente, que é o organismo da Unión Europea que xestiona o censo.
Analíticas durante a tempada de baño
As praias recollidas no censo oficial de zonas de baño de Galicia están sometidas a controis periódicos durante a tempada de baño co obxectivo de coñecer a calidade das súas augas. Trátase dunha información pública, que se actualiza semanalmente e que está a disposición dos cidadáns na páxina web da Consellería de Sanidade
Entre as novidades do censo deste ano, hai cinco novas zonas incluídas tras varias tempadas en avaliación. Son a praia da Seiruga, no concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña); a área recreativa da Pobra de San Xiao no concello de Láncara (Lugo); e as praias de Calvelo no concello de Cerdedo-Cotobade, a Xunqueira no concello de Soutomaior e a Covacha no concello de Vilagarcía de Arousa; as tres na provincia de Pontevedra.
A Consellería de Sanidade realiza as análises dos parámetros microbiolóxicos (indicadores de contaminación fecal) durante toda a tempada de baño, que vai dende o un de xuño ata o 30 de setembro de cada ano. Segundo a lexislación vixente, é obrigatorio que se realicen oito analíticas en cada zona de baño e outra previa. En Galicia realízanse nove análises en cada zona de baño cunha frecuencia aproximada quincenal, ademais da análise previa, que se fai sempre en maio. Cando o resultado destas analítica mostra unha cifra superior aos 1.000 NMP/100 ml, considérase que hai contaminación microbiolóxica, e se desaconsella o baño nesa zona. Neste caso, a Xunta remite ao concello unha comunicación e a administración local ten a obriga de informar á poboación, colocando o cartel de recomendación ou prohibición do baño por contaminación microbiolóxica temporal.
A Dirección Xeral de Saúde Pública destaca a importancia do Programa de Vixilancia Sanitaria das Zonas de Baño de Galicia pois é o responsable de que melloren notablemente as condiciones hixiénico-sanitarias de las zonas de baño de nosa comunidade autónoma.
R.