Búscanse novas vías de comercialización do turismo rural galego

Por este acordo, Fegatur comprométese, entre outras accións, a elaborar novas propostas de paquetes turísticos para o Turismo Rural, así como un estudo de comercialización nos mercados estranxeiros –Alemaña, Francia, Italia, Portugal e Gran Bretaña– e deseñar estratexias de promoción específicas nestes mercados.
Ademais, Fegatur comprométese a cooperar coas outras asociacións do sector na realización de promocións e accións conxuntas a prol do Turismo Rural de Galiza, unificando as estratexias de promoción das asociacións a fin de conseguir unha maior rendibilidade e eficacia das mesmas
Novas tecnoloxías
Por outra parte, a federación de asociacións de Turismo Rural de Galiza comprométese a desenvolver un estudo referente ao emprego das novas tecnoloxías da información no ámbito da comercialización de aloxamentos rurais on line, así como á formación dos empresarios asociados nestas materias.
Pola súa parte, Turgalicia comprométese a achegar a cantidade de 40.000 euros para o desenvolvemento destas accións.
Ademais, Turgalicia comprométese a colaborar con Fegatur no deseño e execucións das accións previstas neste acordo, accións que serán dirixidas pola sociedade pública de promoción turística de Galiza.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia